miércoles, 30 de junio de 2010
lunes, 28 de junio de 2010
Momentos Musicais: Servicios a Domicilio.
Quizás a letra desta canción sexa a cousa máis bizarra que vin nunca en letras.
¡Universalízala!
Quizais sexa o perfecto himno de turismo xamais inventado.
viernes, 25 de junio de 2010
lunes, 21 de junio de 2010
The FileTones, 1º entrevista
Un son, claramente influenciado polo funk, co soul rozando cos dedos un tímido r&b, e unha banda, o dúo malagueño fai honra o topónimo Costa del Soul .
The FileTones ou “Los Filetones” en español, fórmanse no ano 2004 da man de Pepe “The Chef” Mata, e por Salva “ Doc” Molero.
Ademais do dúo, a banda que os acompaña actualmente nos seus directos está formada por Borja González (Hammond, Rhodes, Piano...), Claudio Tamer (Bateria), Miguel Olmedo (Guitarra solista), Juan Pedro Berrocal (Saxo Tenor) y Angel Martin (Trompeta)
É en abril de 2010 cando o seu primer disco “Just Being Around” ve a luz nunha presentación no Teatro Echegaray de Málaga proclamándose o cheo total.
No seu primer traballo os ritmos xa descritos toman forma, os instrumentos entran e saen dependendo del tema, e dunha forma suave e agradable os malagueños consiguen temas cunha base de soul tan bos como Blondie Girl ou Eden , para chegar a Just Being Around donde o ritmo se trasforma en melodías máis funkys e toma protagonismo unha poderosa flauta.
Polo xeral o seu debut busca ese tono sesentero, pero á vez mezclado con sons posteriores. E que son moi do meu agrado.
O disco foi grabado en Granada por Pablo Sánchez (Producciones Peligrosas) e para o selo Wok Records. Un detalle é que foi no mesmo estudio que ha viu fugazmente os enormes Al Supersonic & The Teenagers. De cando o cantante se lle deu por buscar a unha rapaza nas súas cancións
Algunas das preguntas que lles fixen o dúo Malagueño.
Que significa o nome do grupo? Entraña algún secreto culinario ou é algo que levaredes a tumba?
Pepe “Chef”: A un asador tal vez (Risas), o bo do nome é que todos coñecemos máis dun significado do mesmo, ademáis tamén se pode pronunciar en inglés significando algo así como o arquivo de tonos…
-----------------------------
Ata agora compartístedes escenario con moitas bandas, pero… Con cal vós gustaría compartir cartel?¿E con cal vos gustaría grabar?
Ambos: Os Dap-Kings!!!! E (míranse un ó outro) gravar con Stevie Wonder que é Deus…. (Risas)
- ---------------------------
Cómo fóstedes acollidos polo público? Vedes unha resposta afirmativa del nos concertos? Ou dase o caso do público asustadizo a 3 metros do escenario?
Salva “Doc”: Sempre custa arrincar a xente pero no noso caso contamos coa baza de que as rapazas gústalles bailar, e os rapaces que elas bailen (Risas), e claro os nosos temas van encamiñados a maioría de eles a tal fin, así que non solemos ter problemas… (Más risas)
Para descarga a entrevista clickar en la imagen, incluye el documento su tema Eden, varias fotos y la entrevista tanto en castellano como gallego.
-----------------------------------------------------------------
-----------------------------------------
---------------------------------------
----------------------------------------------------------------
miércoles, 16 de junio de 2010
LOS CHICOS DE LOS DISCOS.
Dende Barcelona chega este documental sobre o coleccionismo de discos, pero vai a moito máis, unha auténtica cruzada dos coleccionistas, e da xente que compra para escoitar sen afán de recopilar e recopilar, enamorados dun formato, e dun son.
Los Chicos de los Discos from Victor Parkas on Vimeo.
Moi acertado sobre todo a intro, gústame moito, xa que me vexo reflexado, cantas veces co prezo abusivo de un disco acabei mercando singles por 3 euros. Por comprar algo. Non sei aforrar.
Los Chicos de los Discos from Victor Parkas on Vimeo.
Moi acertado sobre todo a intro, gústame moito, xa que me vexo reflexado, cantas veces co prezo abusivo de un disco acabei mercando singles por 3 euros. Por comprar algo. Non sei aforrar.
lunes, 14 de junio de 2010
MEU - Did you Hear?
Supoño que máis de un xa coñece a banda da Coruña chamada MEU, se non é así este é a túa actualización.
Se lle botas imaxinación recordarás nun recopilatorio de Moderno pero Español ou de Somos Los Mods un tema que sonaba máis ou menos así.
O grupo formado por membros da Elephant Band como pode ser Nacho Mora como cantante, desta vez deixou o baixo a outro, e Ramón Saleta a batería en ámbalas duas formacións. Ricardo Saavedra tamén compartiu escenario cun factor común cos outros dous membros. E para rematar Mikelini,baixo dos Ultracuerpos(COJONUDISISISMOS)
Que dicir de MEU, sonan realmente ben, tódalas súas cancións teñen un algo, comezar coa canción Hungry Eyes é xa unha auténtica descarga de pop, a cal gustame moito xa só nos primeiros acordes , todos os temas din que o disco será para deglutir, pasas e pasas as cancións e chegar a temas como Heatless con esa guitarra é dicir ¡vámonos!.
O segundo disco da banda coruñesa é moito máis Pop que o seu debut What´s Up, no cal se incluen máis arreglos, máis intrumentos e sen dúbida moito máis depurado co anterior. E temas como Make It Worst son pura delicia.
Pero eu non vou sacar comparacións con outras bandas, non vou dicir que certo arreglo se parece a non sei qué, porque me parece unha chorrada, o son da banda é de por sí seu. O que atopes ti neste disco éche o importante.
Como é unha banda que está todavía rodando, só propoño os 4 temas que máis me gustan do disco. Como aperitivo, porque os 12 trallazos que ten este disco son ... impresionantes.
Meu- A miña selección
1.-Hungry Eyes 2.-Make ir Worst 3.- By The Pound 4.-Fear
------------------------------------------------
--------------------------------------------
-----------------------------------------------
lunes, 7 de junio de 2010
Momentos Musicais
Aproveito para pedir a todo aquel que teña algo dos Smart Dress, fotos temas, algunha reseña mo envie caritativamente o meu correo.
domingo, 6 de junio de 2010
Unha de lecturas.
Como naceu a Asociación Modernista Galega, un documento moi curioso que viña insertado dentro do Fanzine The Corporation (Coruña), e que Mille tivo a amabilidade de escanear e pasarmo. Agora tócame compartilo.
miércoles, 2 de junio de 2010
La Ruta - Paff... Boom (1996)
Mala calidade a tope.
Esta banda quizás guste máis á chavalada. La Ruta nace en Mieres, se non me equivoco. Alá polo ano 1991. A súa formación inicial dista moito da que se presenta en Paff Boom, onde pasan de ser 4 a ser un trio.
Quedándose o trio composto por Roberto Fernández ó baixo e coros, Pibli á batería e coros e Iván González a guitarre e voz. Sería nos seus comezos cando tiñan a Marcos Ríos tocándolle o Hammond e dándolle o grupo outro rollo máis Sixties.
A evolución é clara, pasaron dun son máis propio de bandas como Zombies a un rollo máis Power Pop. Ata ahí todos dacordo, non?
No ano 1993 gravaría a súa primeira maqueta con Animal records, e tempo despois Marcos diría adiós amigos adiós. Quedandose orfo de ese son, no 95 ou 96 gravarían Paff... Boom o seu primer LP. e Algúns síngueles. E Iván diría adiós amigos, adiós.
E no 99 a banda tivo un percance serio, deixando de lado a música durante un tempoo largo e continuado.
A verdade é que a banda sona realmente ben, un dos meus temas preferidos é I Won´t Be Sad Tomorrow. Un auténtico temazo.
Certo que a guitarra as veces achégase moito o Punk, pero vamos, máis powerpoperos que outra cousa, nunha entrevista din con certo regusto amargo como insinuando que lles gustaría ter seguido por un rollo máis sixtie, onde non fose a guitarra quen levase todo o peso. Pero que vamos, non se arrepinten de nada.
La Ruta - Paff... Boom (1996)
1.-the first time we saw2.- another dangerous day, 3.- no hay lugar para ti, 4.- you came to me,5.- No pierdas el tiempo,6.-I want tour back7.- Mi obsesión,8.-Lonely time, 9.- I´ve been wrong10.- Una Vez11.- She Used to love me12.- Sewer Queen13.-What can i do14.- Don´t Mind.
---------------------------------------------------------------------
----------------------------------------------
--------------------------------------
----------------------------------------------------------
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Benvido
Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.