Un grupo polo cal eu non tiña moita afición ó comezo, escoitábaos e pouco a pouco o son íame gustando, embriagando coa guitarra, dicir que o guitarreo ía facendo mella. E ó final había cancións que xa se fixeran un oco no meu día a día.
Pasaba o tempo e escoitaba Winter Song as veces ata a saciedade, a voz de Sergio Gil, a súa guitarra, o baixo que se facía notar a cargo de Tomás Pérez, o teclado de Javi Opla e Juan Antonio Carmona á batería. A banda madrileña surxe no ano 2000 para morrer a finais do 2009 comezos do 2010, unha verdadeira mágoa.
Sería no 2002 cando graven a súa primeira maqueta debutando co grupo galego The Mistakens nese mesmo ano. E o de sempre, festival para arriba e para abaixo, moito traballar, depurar e gravar novos temas, nace este primer disco da man Fernando Pardo dos Sex Museum, do cal se di que entre unha tirada pequena e unha fervente devoción desapareceu das tendas "cagando hostias".
Que vos vou dicir, pois paréceme unha auténtica putada que un grupo con esos riffs e esa voz se perda, pero só queda despedirse deles. A semana pasada, se non me equivoco deron o seu derredeiro concerto, e sei de boa tinta que todo o que pudo en Madrid se acercou alí para despedirse de esta banda, dunha das mellores bandas españolas. E mesmo quen non era capitalino tamén se arrimou.
Os seus discos xa sexa este como o segundo pois non me deixaron indiferente, se ben é certo que este paréceme un pouco insípido, sei atoparlle o gusto e o ritmo, aínda que disfruto moito máis do segundo e da cancio TimeKeeper.
Adeus Fortune Tellers.
Fortune Tellers - Were Right
Take Me Back ,Regretting Myself , No se que hacer ,Dawn Memories ,A Sunday Kina of Love ,Here Comes My Babe, My favourite Place, Never Again
----------------
----------------
---------------------------------
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Moitas Gracias ou non por comentar