lunes, 21 de febrero de 2011

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre- Out of my mind








Vamos a tirar pra casa, dende Sanxenxo (que non Sanjenjo maldito mesetero) chega un grupo de sons moi do noso agrado.

Nados no ano 2007, a banda galega está formada por  Michi "Calambres" Lorre á voz, pandeireta e armónica, Lorre Lorre guitarra solista;  Sheriff Lorre guitarra e máis;Howlin' O-Lorre á batería.

A familia Lorre ten un obxetivo, ter un son proximo o R&B máis canallesco, paladear o garaxe e facer que móvalo cu.


O 7´´ foi grabado por Jorge Explosión en como non o seu estudo  Circo Perrotti,  e editado por Freeky Dicky Records.

O que vas a atopar no seu disco entra no propio significado duns sons canallescos. Perdón por repetirme.

A voz que acompaña os berros incensantes no tema que ven máis abaixo, e a súa vez a armónica, provocarán en ti que teñas o irrefrenable instinto de axitarte, mover os pes, sentimento que nos seus concertos materializas con un son que ben podería tirar as paredes cando dun recinto pequeno se fala.

Banda feita para pequenos locales, que che den ganas de subirte o mobiliario e liala parda.



Empaparaste de sudor nos seus concertos, do teu propio sudor o comezar un tema e outro. Non quereras que remate, se gustas dos ritmos do rock´n´roll  esta banda fará de ti un home.

Se queres sudar todo o que te atrevas a beber durante un concerto dos Bastardos, non perdas a oportunidade de asistir a un.





Los Hijos Bastardos de Peter Lorre
Out Of My Mind, Stone Age Girl, Girls On Motorbike, That Jim

----------------------------------------------
---------------------------

--------------------------

----------------------------------------------

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.