jueves, 14 de abril de 2011

Allnight Workers petisco de R&B e Swing.



Só escoita, unha vez e verás que lle pasa os teus pes.

Quen dixo que en Galicia non se fai un musicón? se xuntamos dunhas rías a outras, mezclalas con moito son negro o que che sairá é un conxunto como os Allnight Workers.

Neste grupo podes atopar músicos que proveñen de bandas como The Loveless Cousins, The Phantom Keys, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Ttrashtornados... 

A banda formado nun 90% e un 10% por músicos galegos aparecen no panorama cun LP cargado de auténtico gusto pra toda a familia.

A banda dende un comezo(formada por Néstor e Roi que andaban xa  a argallar  nas súas cousas) non se constituiría nos ritmos negros, os artífices , tendo en consideración os antecedentes e o son de éstos,  farían de Néstor (vocalista) e Roi (como guitarrrista) emprender  un proxecto encarado cara o r&b máis  branco... pero que pasou? unha reviravolta e unha mezcla de color lle deron o impulso necesario para que a banda decidise deixarse de caralladas, e lles dese por tinguir o son.

Os saltos estilísticos andan entre o Swing, o r&b, moi afastado dese son máis "guarrete e simple" como un dos membros indica.

Será quizás un saxo o que corone a banda, ou quizás sexan as súas guitarras. Ou a incrible voz a que configure o ritmo que necesitaba a banda. 

Dito conxunto para atopar o seu son decide ir a grabar este traballo a Berlín, nin máis nin menos que a Estudios Lightning Recorders. 

No seu debut atopamos versións como Night Time is the Right Time, Coal Miner, Hello  Josephine... As criticas a banda non se fixeron esperar e como non o eco desta foi moi apreciada tanto polos amantes do r&b con flequillo como os que levan tupé, sexa como fora, non deixan a ninguén co cu quedo na cadeira, non señor non.

Se tivese que expresar o que penso da banda é que este traballo merece moitas escoitas, para sacar del ese detalle da guitarra, o saxo que se expresa libremente por tras das cordas. Moi maduro, un traballo con un son moi maduro e moi moi recomendable, non tiven dúbida a hora de poñerlle a todos os meus amigos o Lefty Brown, tema que corona o disco sen dubidalo, pero sen desmerecer outros temas como  Swing Brother, o Coal Miner antes mencionado.

Eu ca ti aforraría e faríame coa súa correspondiente copia en 


http://www.grabacionesdeimpacto.com/

Ou ben escoitalos no Spotify


Eu, entrementras póñovos o disco, o cal non subín, de atopar algunha queixa a esto, facédemo saber o meu correo hammond_lover@hotmail.es e perdoade as molestias


The Allnight Workers - This Only Happens Once
------------------------------------------
------------------------------
-------------------------------
----------------------------------------------

1 comentario:

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.