E volvemos a Galicia, unha banda como Kozmic Muffins dende a A Coruña, merecen estar nesta páxina.
Nace da man de Pedro Granell (ex Los Skizos) e se quixese falar do son que atopamos nel non podería.
Uns falan de claras influencias dos Pink Floyd, encuadran o seu son nun panorama musical e nunhas datas que non controlo para nada.
Pedro Granell. |
Falan de psicodelias, de rock progresivo e eu o único que sei é que me gusta e punto. Quero que nesta entrada alguén que sepa de este son fale del.
A data de nacemento desta banda sitúase sobre o 92 ,93 onde un Pedro Granell finiquitando a súa viaxe con Los Skizos se viu influenciado por King Crimson.
O resto da banda formada por Pablo Rega(amante dos Pink Floyd) ,Patxi , Kike e Javier chegaría despois de que Paco Granell decidise que o seu son tería que seguir outros camiños, non tan alonxados por son do que viña facendo con Los Skizos, pero sí tirando máis para un son máis progresivo.
Sería o propio creador da banda que fonse compoñendo os primeiros temas, nunha entrevista feita a el, onorgullecese de que o darse conta do que tiña entre as mans cos novos temas non necesitaría tirar de versións, así foron os seus primeiros concertos.
O editar Nautilus no 94 a banda non sabía o que lles viña enriba, este primer traballo convertiríase nun referente na escena musical dos 90 tanto dentro como fóra do estado.
Sen máis o disco, drisfrutade de temas como Andrew ou Kosmic Muffins, trallazos.
---------------------------------------------------
-----------------------------
--------------------------
------------------------------------------------------
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Moitas Gracias ou non por comentar