lunes, 6 de junio de 2011

De compras: Brand New Sinclairs - Healing Souls


Eu deixeime atrapar polo primer traballo desta banda, sería fai un ano co Ten Blue Pills, e cos temas como Eleven ,Bongo Time ou You Run.

Naceu nesa compra unha paixón polo son da banda vasca.

Recentemente estiven en Madrid, e eu que son unha cabeza tola esquezo sempre as cousas que quero comprar chego a tenda de discos e esquezo todas as grandes compras que quixera facer, e coma sempre tocou esquecerse, e como non... deambulaba entre os cubículos de Escridiscos a busca de algo, algo que quixese, quizás fose o Party a GoGo dos Imposibles, ou os Cool Frog...

(dato que me gustou, en frente de Escridiscos hai unha taberna galega que se chama A Miña Gaita)

Foi grata a miña sorpresa ó  atopar o disco, non dudei nada, merqueino a cegas, collino como se fose un tesouro que alguén me quixese arrebatar, sen saber que son ía atopar nel e confiando no seu anterior traballo.

Como non, este disco está cheo de sons que teñen e deben ser referente dun panorama musical encamiñado a ese noso círculo . Os sons que atopamos neste traballo van dende o R&B o Garaxe.

O que máis fascina é como sona a súa guitarra en todo e cada un dos temas, unha guitarra conducida por Andi Sinclair.

Unha guitarra alucinante que trasmite a mesma forza neste Healing Souls como no anterior pero con unha maduración e unha idea e son máis traballado.


heal my soul

Brand New Sinclairs | Myspace Music Videos


Non sobra falar da personalidade da voz da súa solista, Ana Sinclair, sobretodo en temas como Heal My Soul, Hangover in Brick Lane. Esta voz confírelle o grupo un encanto único.

A contundencia do baixo, Julio Sinclair, e unha batería,Rafa Sinclair, que en temas como o derradeiro citado, xuntos e por separado, trasmiten toda a potencia do revival e enchen o teu cuarto de ritmo e unha festa onde eses sons que tanto nos gustan invádente por completo, un disco que pode cambiar a túa forma de vela música.
No conxunto, este disco nútrese do son máis sixties , do que che fai mover os pes, e de novo a importancia da guitarra na banda, para min un dos capitáns indiscutibles, que capitanea todo o ritmo.  En temas como Hold It Tight ou A Way Of Life desfrutarás sen dúbida.

Comezarás con un Here We Come, unha peza instrumental que che abre o apetito, ata rematar irónicamente cun Here we Go, son 12 temas que tes a obligación de desfrutar. Un disco que te comerás de Volta e Volta, e máis Volta e Volta.

Señores, Señoras, teñan coidado coa sua agulla, e avisen os veciños porque a un tono normal este traballo non vai sonar, non está feito para remilgar a roda do son, non señor non.

Pódelos adquirir en versión dixital




Ou mercar tanto vinilo como CD en Flor y Nata

http://www.florynatarecords.com/tienda/brandnewsinclairs.htm

As súas letras

 http://www.florynatarecords.com/interpretes/brandnewsinclairs/brandnewsinclairs_letras.htm

E o seu Myspace

http://www.myspace.com/brandnewsinclairs

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.