sábado, 14 de enero de 2012

The Shake -Try to Get Ready

gravado no 2008 no Colcut Studio 

Foi en setembro de 2009 cando falamos por primeira e derradeira vez da banda de Almería, acordádevos de The Shake, aquel grupo cun primer traballo (trippin' the whole colourful world do 2006) incrible, enserio, acordádevos de temazos como  Oh No! ou Can´t Flight Your Love?.


Non? vale, mellor esquecédeo todo, claro que está relacionado, pero nada daquel primer disco con temazos entre o R&B, garaxe  e a psicodelia, e cincocentas dúas etiquetas que lle querades por, da man dunhas guitarras, miña nai que guitarras, que enerxía aquel disco, aínda agora me estremezo o recordalo e sígoo a escoitar moi a miúdo...

Pois ben, como dicía esquecédeo todo, esta quizás sexa outra historia. 
Miguel Angel Calabuig
No ano 2007 a banda grava edita un single con hey Girl Records cos teñas Once Again e Don´t Really Care.Viaxaremos ata o 2010, ano no que ve a luz este Try to Get Ready , grazas o discográfica Sunny Day Records .

 Nace esta unión coa discográfica despois de andar os bandazos tentando colocar o producto, que vós pasa?  en que momento ninguén quere producir o segundo traballo de larga duración da banda coñecendo os antecedentes? enserio, que vós pasa?.  O final esto ten un bo final, sería a discrográfica cacereña a encargada de que o proxecto chegue os nosos oidos.


A banda tivo variacións da súa formación dende o primer traballo a este, xa que só repiten neste LP Alex L. Pierre o baixo e Miguel Angel a voz principal e guitarra, entrando a batería Jose Luis á batería e Juan Luis á guitarra, ademáis de un trio de metais,harmónica...


E sen máis pasamos a un disco formado por 10 temas, comeza cun Bring Some Lovin, sí, é o que parece, e tocado cunha guitarra moi fuzz, e cunha enerxía moi propia do grupo, Unha versión moi fresca e gardando esa paixón polos sons sixties que tan promociona cada un dos seguintes 9 temas do traballo. 




De que máis queredes que vos fale, que sí, que aquí conxúgase moito pop,moito garaxe, os temás máis rimánbluseros-garajeros brancos con harmónica e todo son incribles, temas como It´s for You. Se me tivese que quedar con temas elexía Don´t Put Your fingers on my Girl ou mesmo temas como Rescue me, un tema pop moi limpo e xenial, ou o homónimo que lle da título o traballo. Dende logo non se fai nada parecido o desta banda

The Shake-  Try to Get Ready


1.-Bring Some Lovin 2.-Try to get ready 3.-Rescue me4.- Same on you 5.-Don´t put your fingers on my girl 6.-When you stole the sun 7.-Give a Guarantee 8.-Love got no Memory 9.-It´s for you 10.-Anoter Girl




----------------------------------------------
-------------------------
------------------------
--------------------------------------------------

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.