Se facemos memoria, falamos desta banda fai tempo xa, E non podemos cansarnos de falar.
O novo traballo da banda de Ferrol sona e sonará. Foi gravado nos estudos Bajocero para Rufus Recordings( cada vez queremos máis a este selo)
O disco de Bang é máis que unha progresión no seu traballo, de verdade, que delicia atoparse con este comezo en Cloud Of Rock And Roll. A mi xa me gañaron!.
Cousa certa é que desta vez non perderon potencia senón que souberon administrala doutra maneira, parte dese high energy, que é o selo de calidade do que facer gala, non se dilue entre a melodía e ritmos máis pesados. Polo que temos en cada tema un momento para que reine un ritmo e noutros para que o faga o enérxico. Ata no derradeiro tema, Monday Song canción avocada o acústico métenche un pepinazo de son porque si...
O seguinte tema, Bells of Revolution é enerxía tras unha calma intro na que quizáis só nos falte un pouco máis de pontencia nese riff, pero é igual, o resto faise só (xa nos podemos ver co puño ergueito en cada concerto). En Don´t Expect too much estás tan tranquilo escoitando a canción para que che den un guitarrazo que non deixe indiferente a ninguén, é un dos meus temas favoritos polo complexo que é, a súa estructura, todo nel gústame.
E por outro lado temos Ghost Town e Heaven´s Shore, Till The Roosters Sings ou A Crickets Family , cancións nas que en certo grado atopamos unha fórmula na que a banda está cómoda a hora de compoñer, excepto a derradeira que nombramos, un tema curioso para dar paso o que vai a seguir.
A cousa é cando escoitamos temas como o que lle da nome ao disco ou mesmo Curse, aquí temos algo que dicir:
- ¡TOMA YA!
Escoita,escoita, non teño que dar explicacións.
O mesmo me pasa con Hangover Pills. Vouna escoitar ata que me de a hora de ir a cama.
Aos Bang 74 hai que porlles o certificado de calidade "do país" e tratalos co respeto e amor que se merecen.
Qué ganas de escuchar este disco!. Recuerdo perfectamente que conocí a la banda por medio de tu siempre magnífico blog. Gracias por avanzarme las sensaciones que procuran los temas y que me invitan aún más si cabe a disfrutarlo como es debido.
ResponderEliminarÁlex te va a gustar, no porque lo diga yo... al final los veré con From the Jam, importándome estos tres pimientos
ResponderEliminarUn abrazo.
David