viernes, 29 de marzo de 2013

The Starkwells- Monsters in the dark (2013)



Unha relación naceu co grupo asturiano The Starkwells fai 2 anos, un grupo de powerpop o que lle teño moito aprezo, a el e os seus membros, que sempre se deixaron facer, e agora aquí estamos, co seu novo EP Monsters in  the Dark. 

Un extended formado por 4 temas que se ben manteñen o seu son, nótase unha madurez e un novo facer que os fai moi atractivo.



Se fai anos falábamos de Believe como o tema  agora temos que falar da canción que lle dá nome a este disco.


Falamos en Monster in the Dark dun tema que é pop pop e máis pop, e un pop tan de aquí que debería ter o seu propio certificado de orixe. Un tema tan redondo que dende que chegou as miñas mas non me importa que me acompañe tódalas mañás, un tema que sabe a 90´s , unha canción chea de potencial. As voces  xenial escollidas e cando chegas o seu mellor punto, no estribillo, desexas que  que apostasen sempre por esta liña... porque teñen nas súas mans de ter un son moi seu, esta canción recórdame moito o anterior traballo mencionado, o que provocou que me fixara en eles.

Por outro lado temos I Need You, So many Times e Bye Smile, aquí nótase moito máis o selo característicos do resto de traballos, ese son, sen desmerecer, cun ritmo máis enérxico sen que se vaia sumido na melancolía que leva o ritmo e as voces. Vamos que sabe retomarse con ganas.

 Aínda que So Many times sexa un tema con un círculo de positividade xa no seu comezo, é chegar o seu estribillo e aí onde ter o que realmente fai interesante aos Starkwells, a verdade que esta parte é a miña preferida recórdame moito a estructura de grupos como The Smiths, pero nnooooon, non te acomodes porque eles saben o que se fan e así cho demostran o retomar o ritmo, o ton positivo do que falábamos, ese tonteo do son encanta.

Seguide por este camiño, amigos.

Sen máis, podedes escoitar o seu traballo no seu bandcamp: Starkwells Bancamp






E non dudes pasar polo seu fanpage en facebook para estar enterados de todas as novas ou mesmo para falar co grupo: Starkwells Fanpage
E tamén vos deixo o seu twitter:  Starkwells twitter


1 comentario:

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.