martes, 29 de mayo de 2012

ENTRADA 300: Los Imposibles- En el País de el Niño Mosca






E con esto 300 entradas, señores 300 entradas. Grazas a todos, 599 comentatios e máis de 90000 visitas. Grazas a todos por entrar.






Teño o orgullo de volver a subir este disco, creo que o disco o que máis aprecio lle podo ter da escena Pop  con ton sixtie´s deste país do neno mosca. Comparto con vós o disco polo que teño predilección. 


No 2009 dicía esto sobre o grupo:


Son unha das bandas claves do pop sixtie español.Na súa primera etapa musical gravaron este disco, "En el país del niño mosca: Poperetta", un traballo cunha visión particular, que se adentra nunha viaxe fantástica con melodía e letra casi de conto.

Un pop colorista cobra vida neste disco, dando saltos de trapecista sen caer ni unha soa vez no aburrimento.
Un universo sonoro creado en nove cancions. 






Non podo falar máis do que atopas dentro, non teño nada que engadir, a verdade que é unha delicia que tes que experimentar ti.





Los Imposibles - En el País de el Niño Mosca.
1.Listo y preparado 2.un chico serio y formal 3.todos querían hablar 4.ella es azul 5.mis amigos 6.en el jardín 7.el hombre de miel 8.el niño mosca 9.epílogo




---------------------------------------
--------------

--------------
---------------------------------------

miércoles, 23 de mayo de 2012

Os Midnight Shots e o seu segundo EP.

Xa chegou o segundo EP dos  , a compralo todo DIOS!

Escóitaos no seu Bandcamp, o novo da banda valenciana, en nada reseña deste here comes the Bombs, que esta primeira escoita está sendo moi moi gustosa. E só vou polo segundo corte,se prometían volver as raices do r´n´r e do r´n´b coa nova formación cos seus novos membros conseguírono.







Midnight Shots  BANDCAMP




-------------------------------


jueves, 17 de mayo de 2012

Momentos Musicais:Los Granadians- Problemas

Los Granadians- Problemas , canción que abrirá o novo traballo da banda de reggae sideral

hei! que volven os Midnight Shots

Volven volven cun novo traballo chamado  here comes the bombs  (Discos Jaguar), aquí tendes un adianto do seu novo traballo Routes to Roots, e dende logo sí que é ten raices este tema.

Disfrutádeo

lunes, 14 de mayo de 2012

Reseña en Galego do concerto de Big Boss Man na sala Karma



Perdoade a tardanza. Non sei a quen me dirixo, pero non tiña ganas de traducilo.
O de Big Boss Man en Pontevedra vennos a demostrar o que levan cociñando dende fai anos (1998), non é un concerto para cualquera, o oído por estos sonidos hai que telo, e a vez se descoñeces ó grupo podes levarte unha moi grata sorpresa. Dun concerto de hora e media, con temas que rozan os 4 minutos largos podríamos falar horas, os asistentes, uns 40,  pasámolo coma enanos escoitando ó grupo inglés.



Nass  (Nasser Bouzida tamén coñecido como Bongolian) foi enxendrado por un timbal e un hammond, él soiño pode regalarche quizás o maior presente para os teus oídos. Tanto ós timbais coma ó órgano, Nass fai o seu, rozando o auténtico virtuosismo sen esquecerse do que prima é o ritmo, intercalando durante os temas os dous instrumentos con unha soltura envidiable. Sen caer nun sonido recargado nin pesado convirte cada tema nun non parar frenético e cheo de enerxía propia. Un son que é seu, un son salvaxe.
Durante o recital pudemos desfrutar de ritmos  latin Soul, o Funk máis agresivo, R&B e todas as etiquetas que queirades inventar, temas  en directo onde o que pesa é o poderío de Nass, convirtendo os seus acompañantes Scott Milson (baixista) e Trevor Harding (guitarra) neso mesmo, meros acompañantes, por momentos eran casi espectadores con instrumentos eclipsados polo son do órgano.
Houbo momentos pra tódolos gustos,como a  grandiosa  capacidade de suar do batería que nós regalou un bonito cara a cara entre o timbal e seu ritmo ós platos, pese o tamaño do seu instrumento (unha caixa, bombo e tres platos) pudimos alucinar de todo o partido que se  lle pode sacar á batería e do nivel instrumental desta banda.
Foi unha hora y media moi moi intensa, sen un solo parón. Nass, parco en palabras case todas de agradecemiento polos aplausos, quixo regalarnos un bis que nos deixou ós amantes destos sons encantados.  Ni un só altibaixo durante o concerto, o ritmo non decaeu nin un só momento, os pes non paraban, o público enloquecía nos temas máis salvaxes coma se hooligans do ritmo se tratasen.

Everybody Boogaloo!

Los Immediatos - 4 Tickets to Wonderland


Fíxenme con este disco no concerto que deron en Ourense, disco que me custa reproducir no meu vello Bettor.

Los Immediatos é unha das bandas das que máis disfruto da súa evolución, unha forma de entender o garaxe é o beat que evoluciona disco tras disco, facéndoo temas moito máis complexos, alonxándose máis dos ritmos pop-beat máis sinxelos dos primeiros discos. Se xa no seu tercer traballo estaba encantado co desta banda agora xa non sei que contarvos.



Do tema técnico pois falar que o tema que lle da o nome o disco está interpretado por Arturo e Jero Romero (ex Sunday Drivers)  que conxugan as voces dunha forma moi agradable, a verdade que quen o diría. Tamén neste tema participan nos arranxos membros de Klaus & Kinski(ó violín) e de Los Imposibles ( ó Sitar), ábreche o apetito cun tema que roza o folk máis psicodélico e a vez un pop moi agradable. Gustei moito deste comezo, a partir da primeira canción o resto do seu traballo baila entre o son desta banda.  Todo avanza co regusto o "añejo" ata Cry On My Own que é o temazo do disco, esta e Garbage Feelings,son dos temas máis contundentes garaxilmente falando, por non destacar Chica Diez o tema con máis ritmo do disco, vamos que se non che fai erguer os pes xa me dirás que o fai.

 O tema pop de Día de Lluvia ou Mario´s Dream fai un paréntese, a importancia do teclado nas composicións da banda toledana toma moito protagonismo nesta clase de temas, facéndoos moi moi atractivos, e a vez banda sonora de calquer momento.

Recente vímolos en directo en Ourense nun formato algo diferente pero moi gustoso, un concerto que tivo un par de detalles moi curiosos, como interpretar Beatiful Mario a Mario, o fillo de Arturo, un cativiño que danzou coma un tolo.

Este tema pecha a cara A do LP, e de novo disfrutamos dun tema pausado, dunha canción preciosa. En definitva eu quédome tanto como co 4 Tickets to Wonderland como con Mario´s Dream.

Se queredes escoitalo podédelo facer no seu Bandcamp

Los Inmediatos Bandcamp

E aqui podedes leer a reseña do concerto en Ourense

Los Inmediatos, reseña do concerto en Ourense



O día 28 de Maio sae a venda o novo dos Granadians

Xa sobran presentacións, xa teñen unha carreira, xa teñen un son xamaicano mezclado con melodías pop que nos sonan a todos, e alí volven.
O día 28 de Maio sae a venda o novo traballo dos Granadians-Reggaláctico volven co de sempre, cun traballo que dará que falar e que bailar, un LP que espero con impaciencia.

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.