Perdoade a tardanza. Non sei a quen me dirixo, pero non tiña ganas de traducilo.
O de Big Boss Man en Pontevedra vennos a demostrar o que levan cociñando dende fai anos (1998), non é un concerto para cualquera, o oído por estos sonidos hai que telo, e a vez se descoñeces ó grupo podes levarte unha moi grata sorpresa. Dun concerto de hora e media, con temas que rozan os 4 minutos largos podríamos falar horas, os asistentes, uns 40, pasámolo coma enanos escoitando ó grupo inglés.
Nass (Nasser Bouzida tamén coñecido como Bongolian) foi enxendrado por un timbal e un hammond, él soiño pode regalarche quizás o maior presente para os teus oídos. Tanto ós timbais coma ó órgano, Nass fai o seu, rozando o auténtico virtuosismo sen esquecerse do que prima é o ritmo, intercalando durante os temas os dous instrumentos con unha soltura envidiable. Sen caer nun sonido recargado nin pesado convirte cada tema nun non parar frenético e cheo de enerxía propia. Un son que é seu, un son salvaxe.
Durante o recital pudemos desfrutar de ritmos latin Soul, o Funk máis agresivo, R&B e todas as etiquetas que queirades inventar, temas en directo onde o que pesa é o poderío de Nass, convirtendo os seus acompañantes Scott Milson (baixista) e Trevor Harding (guitarra) neso mesmo, meros acompañantes, por momentos eran casi espectadores con instrumentos eclipsados polo son do órgano.
Houbo momentos pra tódolos gustos,como a grandiosa capacidade de suar do batería que nós regalou un bonito cara a cara entre o timbal e seu ritmo ós platos, pese o tamaño do seu instrumento (unha caixa, bombo e tres platos) pudimos alucinar de todo o partido que se lle pode sacar á batería e do nivel instrumental desta banda.
Foi unha hora y media moi moi intensa, sen un solo parón. Nass, parco en palabras case todas de agradecemiento polos aplausos, quixo regalarnos un bis que nos deixou ós amantes destos sons encantados. Ni un só altibaixo durante o concerto, o ritmo non decaeu nin un só momento, os pes non paraban, o público enloquecía nos temas máis salvaxes coma se hooligans do ritmo se tratasen.
Everybody Boogaloo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Moitas Gracias ou non por comentar