lunes, 14 de mayo de 2012

Los Immediatos - 4 Tickets to Wonderland


Fíxenme con este disco no concerto que deron en Ourense, disco que me custa reproducir no meu vello Bettor.

Los Immediatos é unha das bandas das que máis disfruto da súa evolución, unha forma de entender o garaxe é o beat que evoluciona disco tras disco, facéndoo temas moito máis complexos, alonxándose máis dos ritmos pop-beat máis sinxelos dos primeiros discos. Se xa no seu tercer traballo estaba encantado co desta banda agora xa non sei que contarvos.



Do tema técnico pois falar que o tema que lle da o nome o disco está interpretado por Arturo e Jero Romero (ex Sunday Drivers)  que conxugan as voces dunha forma moi agradable, a verdade que quen o diría. Tamén neste tema participan nos arranxos membros de Klaus & Kinski(ó violín) e de Los Imposibles ( ó Sitar), ábreche o apetito cun tema que roza o folk máis psicodélico e a vez un pop moi agradable. Gustei moito deste comezo, a partir da primeira canción o resto do seu traballo baila entre o son desta banda.  Todo avanza co regusto o "añejo" ata Cry On My Own que é o temazo do disco, esta e Garbage Feelings,son dos temas máis contundentes garaxilmente falando, por non destacar Chica Diez o tema con máis ritmo do disco, vamos que se non che fai erguer os pes xa me dirás que o fai.

 O tema pop de Día de Lluvia ou Mario´s Dream fai un paréntese, a importancia do teclado nas composicións da banda toledana toma moito protagonismo nesta clase de temas, facéndoos moi moi atractivos, e a vez banda sonora de calquer momento.

Recente vímolos en directo en Ourense nun formato algo diferente pero moi gustoso, un concerto que tivo un par de detalles moi curiosos, como interpretar Beatiful Mario a Mario, o fillo de Arturo, un cativiño que danzou coma un tolo.

Este tema pecha a cara A do LP, e de novo disfrutamos dun tema pausado, dunha canción preciosa. En definitva eu quédome tanto como co 4 Tickets to Wonderland como con Mario´s Dream.

Se queredes escoitalo podédelo facer no seu Bandcamp

Los Inmediatos Bandcamp

E aqui podedes leer a reseña do concerto en Ourense

Los Inmediatos, reseña do concerto en Ourense



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.