Disco sacado co selo Bcore , os mesmos membros que nos 80 se convertiron nun referente da escena volven agora co este disco no que inclúen temas que quedaron no aire e novos temas, un revival total, a banda xa se xuntara o ano pasado para unha serie de concertos e agora veñen a presentarnos Esta Vez va en Serio.
Os temas que regravaron para este novo traballo son entre outros Banderas Blancas, El Tesoro e No Puedo ir a Dormir. Os cataláns volven cun disco o meu parecer é un pouco frouxo pero que ten máis chicha ca eso.
Esta declaración musical comeza con dúas cancións que gardan a liña non só de Brighton senón dos proxectos posteriores dos irmáns Gil (Matamala, Top Models, Chest). Un son que xa coñecíamos e que dende aquí gustamos. Parece que a letra é dos Brighton é a música dos proxectos posteriores.
Vou poñelo disco e ir cargándomo pouco ó pouco, cústanos moitísimo diferenciar o tema Solo hasta el Final de Soy un Tanto antiguo faiseme algo igual e repetitivo según comeza, cousa que non ten porque ser mal de entrada, ollo, parecen e son dúas boas cancións rumbosas pero que non me ofrecen nada novo.
Quizás sexa que as expectativas de riff salvaxes vanse diluindo ata pasar o terceiro tema Los Amantes del Compás. Pero é que a cousa non se pon interesante ata Quan Baixis del Avió, un dos mellores temas do discos ata agora, eso é o que quería, un riff cañero, unha canción colocada entre dous temas lentos, ollo a letra tamén de La Magia de la Calle.
Chegamos a el Tesoro. Outro tema parado, temos que destacar que pese a que se nos faga duro o cambio de ritmo temos que aprezar as letras, nada que ver co que era Brighton e a vez si que son eles.
Este disco se ben non nos sorprende moito en ritmos salvo as excepcións que marcamos, temos que decir que compositivamente está a outro nivel, letras irónicas e cheas da mensaxe que sempre exportaron os de Catalunya.
Por fin, Banderas Blancas é caña, esto xa nos gusta, sí potencia e rabia, o mesmo con la Noche Sujeta mis Pies esto mellora, toca emorcionarnos xa que lle sigue El Día que yo me Muera si, acordádevos? si? eu sí eu sí, emoción e pelos coma escarpias, que viva o rock´n´roll!.
Aprezamos o ritmo e a letra de Tu Colección de Discos Raros grazas. Jajaja de verdade, Grazas por esa letra. Tela.
Tu colección de discos raros
Si salgo a bailar
Tu colección de discos raros
No quiero que me pongas la Cara B
Ten clemencia y pon
La conocida-a-
Pon!
E decimos adeus con No Puedo ir a Domir un tema que só pode ser de eles, non pode facelo outro non, e Notes al Marge para pechalo disco.
Non nos gusta excesivamente porque tíñamos como xa dixemos unhas expectativas moi altas, pero non quita que o novo traballo de Brighton non sexa merecedor de ocupar as nosas estanterías e que xire o seu traballo a velocidade que decidiu non ter.
Un bo disco, os temas en catalán son os nosos preferidos, dos temas máis interesantes do traballo despois da letra de Tu Colección de Discos Raros
Podédelo escoitar aquí en Spotify
Podédelo mercar en BCORE
Saúdos.
me ha parecido un gran disco de pop
ResponderEliminarme parece buen disco, pero me falla algo hasta la tercera canción, no le pillo el gusto, el resto genial, salvo una de las lentas.
Eliminar