domingo, 30 de mayo de 2010

Momentos Musicais

The FileTones - Eden


Cool Jerks - Cool Jerks



Non serei eu quen fale mal dun grupo, non serei eu, prefiro non dicir nada a unirme a  unha muchedumbre con paos e antorchas. E menos para queimar o cantante de Cool Jerks

Pero crónica, comentario, e reseña a este grupo o martirizaron chegados os finais dos 90.





Cambios de estilo, un excesivo bombardeamento, e esos críticos que por criticar ándanlle a nai polo plato de  tortilla, xente que se pola estética andaban disfrazados que se non sei qué. Un caso o deste país. Coma se tivesemos que queixarnos de todo...

Sen duda os de Torrejón paréceme unha boa banda, con un par de temas bos, pero máis alá do Soul Teller non me quedo con nada. O cambio a ritmos máis destinados a un porto Funk non é do meu prato de gusto, haberá a quen sí lle pareza bo, moi respetable.

Polo resto destacar neste disco outra vez o tema Soul Teller, paréceme moi bo, cun chorro de voz potente. E Good Old Man.


Cool Jerks - Cool Jerks

1.- Soul Teller, 2.- I Can´t Turn You Loose, 3.- Good Old Man, 4.- Your Silhouette

 -----------------------------------------------------
----------------------------------------------
 ----------------------------------------
--------------------------------------------------------

viernes, 28 de mayo de 2010

Momentos Musicais: Videoclip de Blow Up

Pois con todos vos o primer videoclip de Blow Up onde as cara que saen nel son sobradamente coñecidas. E o tema non ten desperdicio.


martes, 25 de mayo de 2010

Art School - Sound Gallery (98)



¡SIEMPRE HAN SIDO UNOS PUNKS!


 Art School é un dos grupos españois que nunca defraudan. Non se trata dun grupo de Power Pop, ou de Revival ou coma cona lle querades chamar, é moito máis,  e un BOOM de sons, xa dende o primer tema  Tin Soldier ata o derradeiro, Wicked.


Disco Debut onde os sons revivalistas están máis que claros, é outro rollo moi diferente os seguintes traballos máis punkrock, pero eso que o digan os expertos.  Home, xa so ver as versións de Tin Soldier e My Mind goes round in circles.

Da banda di Jero Colomina (Ex-Círculos):

"La primera vez que los vi fue en un garito en Murcia, fue uno de sus primeros conciertos y ese estilo Mod-Revivalista me cautivo.Podías cerrar los ojos he imaginar que estabas en un directo en el 77"

Engadindo que a primeira rickenbacker a quen lla vendeu foi a eles.

 Só un apunte, que metimos a pata todos, o primer L.P. da Banda chámase Sound Gallery. Non Art Gallery, buen patinazo.

Para referirse a eles Àlex MagicPop di:


Antes lo llamábamos "punks con parka" 

E como di Alberto do Boiler Club, tempo despois colgarían o traxe para chegar a sons máis cercanos o new wave, o Punk e esas etiquetas molona, das que paso de comentar.


O que esta claro que esta banda calou fondo nos  oidos de moitos nós. E así debe serguir sendo.



Hey Hey Hey!

Art School- Sound Gallery (98)
1.- Tin Soldier, 2.- I Don´t Care, 3.- My Mind Goes Round in Circles, 4.- Another waste of time 5.- Leaving Home6.- We can work it out 7.- People Talk ABout Us 8.- Stolen Soul 9.- Sounds From Yesterday 10.- Meanings,11.- See12.- Strange Days, 13.-Killed In Action 14.- Wicked, 15 My Little Treasure

Estan algo descolocados, perdoade.


---------------------------------------
----------------------------------
-------------------------
---------------------------------------------------

martes, 18 de mayo de 2010

E O FINAL O "POP THINK IN" DEU A CARA



O outro día falando con Sergio explicoume que nace algo serio, algo con ganas, sairán cousas boas, todo depende de nós.


Pois eso, este sábado 22 de Maio, no Pub Fuzz (Coruña) a partir das 11:30, os platos Julio /go lleida/ e os os pais do evento, Sergio e Lolo. Os platos dende Garaxe, o Soul, r&b a Psychedelia.

ENTRADA DE BALDE, eu iría, pero os exames non mo permiten, para a próxima sí que sí. Un saúdo a Sergio. E pasadeo ben.  Por certo, que grande é Julio, grandísimo.

Que triunfedes na vosa primeira andanza.

jueves, 13 de mayo de 2010

¿QUÉ SERÁ POP THINK IN !?



Pois para sabelo deberedes ir a Coruña o 22 de Maio, ou o 19 de Xuño ou a presentación dun festival 60's que se celebra en Xixón, o día 17 de Xullo, detrás de esto atópase un CatalanoCoruñés e un Coruñés a secas. Máis información en breves.

miércoles, 12 de mayo de 2010

Volvo en Xuño/Vuelvo en Junio


Volverei en Xuño, o calendario Boloña é unha merda.
Volveré en Junio, el calendario Boloña es una mierda

domingo, 9 de mayo de 2010

Los Buenos, una de temicas


Imos facer un viaxe no tempo algo grande, raro en min que me tire os anos 60 tanto cando me falta moito dos 80 e 90, pero bueno, é un favor personal a unha rapaza que anda comezando nisto, e non me custa nada.



O seu primer nome Los Snobs non lles duraría moito.

Julián Granados como líder indiscutible, membro dos disoltos Briks ou de Los Ángeles Azules ponse mans a obra con esta banda formada por membros de outras como Rod Mayall, José Joao, mebro de os Duques ou Jorge Moreno dende Los Brujos.


O 18 de Xaneiro de 1969 presentan o seu primer single formado polas cancións Oh, pretty woman, versión de Albert King e Canción.

Quizás sexa unha das bandas máis curiosas do panorama sesenteiro español, por dous motivos, a súa aparición no filme 1,2,3  al Escondite Inglés, do defunto Zulueta e os seus membros, como por exemplo Rod Mayall, irmán do gran John Mayall.


O resto nada... Julián tempo despois abandona a banda para facer cousas que non me gustan demasiado. Só as súas patillas... que mata de pelo.

Ala Carlotta. O teu.

Los Buenos

1.- Mi Canción, 2.- Oh, Pretty Woman, 3.-Locking Back 4.-De mi niña, 5.- Hola, hi Hello, 6.-Groovy Woovy, 7.- My Baby, 8.- Summer Talk, 9.- My good time, 10.- Hide Away

------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------
---------------------------------------------
------------------------------------------------------------

miércoles, 5 de mayo de 2010

Unha de festas o día 15 de Maio.



Dende logo hai xente ... que merece moito. Todos aqueles que levan a cabo Fanzines, publicacións, selos, festas, concertos, pinchadas... e demáis merecen todo e máis.

E aquí o chou.


ASOCIACIÓN MODERNISTA GALEGA PRESENTAN:


 "AN INSTANT PARTY"

Cando?


SABADO 15 DE MAIO

Onde?

PONTEVEDRA


 Cal será o plan?
---------------------------------------------------------------

20:00 ; FESTA BAR PEGAMOURA 
 RÚA SAN NICOLAS, 2
CAÑA DE BALDE COA ENTRADA ANTICIPADA Ó CONCERTO EN 

22:30 SALA KARMA                                                                    

OS CHAVALES
ENTRADA ANTICIPADA: 6 € en
Santiago De Compostela - Bar Embora
Pontevedra - Bar A Pegamoura

                                 TAQUILLA: 10 € (e sen caña de balde na Pegamoura)

00:30 ALLNIGHTER CLAN CABARET 
 RÚA BARÓN, 2
----------------------------



PINCHANDO OS REDACTORES DOS MODZINES

BORJA: ON THE RUNXIXÓN
SERGIO: THE REAL ME¡ - EL PRAT
MARCOS: CIRCLES¡¡ - PONTEVEDRA

E un derradeiro apunte de ultima hora

VELAS CUMPREANOS

Non habera, pero para soprar a proposta será a seguinte:

De 20:00 a 22:30 no Bar A Pegamoura: Cañas Estrella Galicia a 1 €

De 22:00 a 01:00 na Sala Karma: Cervexa Amstel a 1,5 € e as copas mais baratas que o usual na sala.
Pinchara Lolo(CLUBE POP THINK-IN A CORUÑA) toda vez que Borja non podera vir

E as velas para o cumpreanos non habera que traelas, pero para soprar a proposta será a seguinte:

De 20:00 a 22:30 no Bar A Pegamoura: Cañas Estrella Galicia a 1 €

De 22:00 a 01:00 na Sala Karma: Cervexa Amstel a 1,5 € e as copas mais baratas que o usual na sala.

De 00:00 a 01:30 no Pub Clan Cabaret : Cañas Estrella Galicia a 1 € e moi ...tas copas a 4 €

Estes prezos son susceptibles de ser cambiados, pero son os que eles moi amablemente nos deron, facendo un importante esforzo cadanseu para facer deste evento unha FESTA. Non podemos facernos mais responsables que do máximo interese.
Moitas grazas a tod@s.
Polo demáis... xa sabedes, vide, bailade, bebede, cantade e sobre todo  pasaino ben.

Lost Men Service






Servicio de Hombres Perdidos, 5 membros dende Barcelona.

Ten guasa pensar que os seus membros pertenceron tanto como a mítica banda de Oi!, Pilseners ou Moonrackers .  O cambio de estilo é máis que evidente.

Din que as súas principais intencións na música van dende o Punk, pasando polo pop, o powerpop e mesmo o punk rock. Eu mesmo acho que o revival se atopa neste disco, que agora roda no meu pickup moi gustosamente. Por certo, se alguén en Vigo quería compralo... vai ter que agardar por outra copia.

Como arranxo,  ide escoitando no seu myspace os temas.


http://www.myspace.com/lostmenservice


Polo de agora eu difrutei do seu Barcelona Breeze, se fose ti iría a unha tenda, compraría o disco e non pararía de escoitalo. Unha prolongación mesma dende os The Jam, con guitarras non moi habituais, sen dúbida un discazo.


Con esta portada, véndese só.



E pinchando aquí unha versión en directa cos The Bite cantanto Oh! ,Vell Barrabàs dos Skatalà.

lunes, 3 de mayo de 2010

Dr. Calypso - Toxic Sons


 O outro día, cando fixen a "reseña" autobiográfica dos Skatalá mencionánronse nos comentarios esta banda.  Eu aínda recordo escoitando María ou Plan Ten unha e outra vez... e sempre se anima o corpo.




Con pelos e sinais a banda catalana nace o 18 de Abril de 1989,   un conxunto formado por amantes dos ritmos xamaicanos, como o Ska ou o Reggae,  debutando no 1º ReggaeSunsBoiPlash.
Esta banda debutaría co nome Dr. Calypso & The Barcelonians  tocando versións dende Prince Buster ou pasándose o 2 tone da man dos Specials, The Beat...





Un ano despois a banda tería a honra de facer unha Jam Session co mismísimo Aitken.

A gravación das súas primeiras maquetas chegarían no ano 1990, as xiras, concertos e máis concertos, saíndo incluso do estado chegando a Suiza e Alemana.
No 91 coincidirían en xira con Negu Gorriak e entrando nun circuito un tanto polémico. Aínda así fóra dese grupúsculo tocarían , compartindo escea, co Inmortal Rufus Thomas  e os Selecter no festival BLUES & RITMES.

 

E siguen os anos ata o 95 onde gravan por fin María nos estudos La Báscula de Barcelona. No 96 irrumpe o disco que traio, Toxic Sons,  saíndo aínda máis das froteiras catalanas, onde seica o número de concertos foron bastantes e as veces excesivas as súas participacións en festivais.

Unha banda que ten como única motivación a aregan a festa, os sons e o ritmo, sen dúbida unha festa, gusto no seu concerto. Sen dúbida.

Dr.Calypso- Toxic Sons
1.-Plan Ten,2.-300 Milions.3.-Gordo,4.-Júlia,5.-Kaspa,6.-Try me (one more time),7.-The power of the latin soul, 8.-Sense sostre,9.-Camí Fàcil,10.-Not uderstanding.11.-Reggae lovers ,12-Neon Lights

 -------------------------------------------------------------
-----------------------------------------------
---------------------------------------------
------------------------------------------------------------------

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.