miércoles, 30 de septiembre de 2009

Al Supersonic & the Teenagers


The Teenagers son de esas bandas patrias que estremecen o escoitalas, non solo pola súa calidade, senón porque expresan o soul dunha forma tan convincente que asusta.

A súa radio, e o seu myspace

Myspace

Arradio

Dise no mundo das etiquetas que é un grupo de Northern Soul de Granada, certa contradicción polo feito das coordenadas, pero eu asumo e calo.

E din eles mesmos que entre a súas bandas predilectas e que máis inflúen atópanse nomes como The Tempations, The Vandellas, Laurel Aitken, The Four Tops, Stevie Wonder, Derrick Morgan, The Marvelous, PP Arnold, Rod Stewart, Gino Washington... entre moitisimos outros. Nomes os cales chegan a considerar deuses, ídolos ou mesmo heroes.



Tres Euro Yeyeses as súas costas, pronto se di xa que esta xente podese dicir que coñece cada escenario como se da súa familia se considerase. Coñecéronse e deronse a en rallyes, Scooteradas, festivais, concertos, nos bares supoño...

Compartiron nunha desas escenarios con Mr. Determitation, Dean Parrish , que xa é dicir... "mi má", cando a envexa corroe penso neste grupo, quen me dera ter algo así, sobre todo no seu tema de I Don´t Know onde as palmadas dan paso a un ritmo... que ritmazo mi ma. A canción que prefiro desta banda sen dubidalo é Mess Around, paréceme un tema tan tan pinchable en calquer evento que se por min fose sería do track list os primeiros.



Si, porque cando o ritmo ataca... ataca de verdade.


De eles so vou propor uns temas que recollín nunha humilde carpeta, máis que nada a unha banda coma esta non lle podo facer o feo de subir un traballo enteiro, polo menos escoitades uns temiñas e xa se eso... elexide vós que ides facer despois. Eu mercario(así fixen) o seu traballo.


Al Supersonic & The Teenagers (temas elexidos por min)

-Follow your love
-Let your yeah be yeah

------------------------
--------------
Al Supersonic & The Teenagers
-------------
--------------------------

martes, 29 de septiembre de 2009

Los Glosters - La Boite





Los Glosters, dende Tarragona, foi o primer fichaxe de Flor y Nata cando retornou no 2005,de onde veñen , algúns dos seus membros de Els Pirats e de otras formacións, este pódese considerar o seu primer Album, no cal se mostran 16 temazos como a copa dun pino, veñen co seu son propio , un son próximo o 60, máis que próximo, o ye-yé flúe por cada un dos seus poros.

Fórmanse en 1997, predominando na súa carreira as versións de temazos propios de artistas como Raphael e un largo etceterísimo.



Neste disco que ensino hoxe destacar as colaboracións de membros de The Allnighters (igu) Igu , Cooper en "Modesty Blaise" tema de Els Pirats, Ricky Gil en “Juego a tres”, Juan De Pablos (RNE Radio 3) en “No, no,no”, Gabi Alegret en “Sin ti” e Miqui Puig en “El Malo”.

Unha banda moi sincera, e que merece o mellor, sen dúbida gústanme moito e me agrada como son( e os seus agasallos). As versións neste disco son boas e moi boas, pódese considerar que son un auténtico fanático desta banda.

Un grupie.

E a ver cando volvedes polo Norte, que vervos dúas veces non chega!



Según di Flor y Nata.



Los Glosters - La Boite

01-La Boîte
02-Modesty Blaise
03-Fundador
04-Hey hey Bunny
05-Sha la la, fin de semana
06-El malo
07-Octubre
08-Sin tí
09-Irresponsable
10-Juego a tres
11-Brown paper sack
12-Oigo tu voz
13-No, no, no
14-A veces
15-Mírame
16-Sha la la, el Nàstic guanyarà


----------------------------------------
--------------------------
Los Glosters - La Boite
--------------------------
---------------------------------------

Ademáis de baixalo tamén se pode comprar


domingo, 20 de septiembre de 2009

Teño esto olvidadisimo 7 días sen actualizar.


Descansando e saíndo. Sigo Vivo.


Así como parón venme ben, teño que por en marcha unha lista de esos grupos que debo por, atendendo meramente a un criterio musical, o meu. Polo que me paso o día rañándoa despois dos exames e dicindome, buhhh teño que actualizar esto.

Xa se están facendo os plans sobre o Purple Weekend, sobre todo despois de ver que este ano tocan Baby Charles, moi na onda do Neo Soul, os Blues Magoos, simplemente xeniais, e algunha Power Poperada máis da que xa se me escapa o gusto, o que me ocorre con Vibeke, que non o soporto pero nada, e cando digo nada e nada, despois dirán cousas e críticas pero o doble P non é prato do meu gusto. Ó igual que DM3, o impasible cambio dese festival, xa non falar dos Sunday Drivers porque o que non me gusta non o vou criticar tan facilmente para darvos o gusto de dicir que son un flipado, que a miña música é mellor ca vosa etc e etc... cousa que creo, pero que calo.

Quizais o que máis me interese de este festival sexa:

- Ver a The Blues Magoos
- E os allnighter

E claro está quedar con xente afín.


O que ocorre e que me atopo algo canso, quizais cando volte a estudar a rutina das clases volva con máis forza, estos paróns a L/P sempre son boisimos.

Que me falta?

- Atopar algo de Los murciélagos
- Setting Sons
- Supernova
- Matamala
- Blow Up
etc etc etc

Fáltanme tantas cousas... que non sabería como empezar..., o soulseek e demáis programas non consiguen facerse unha idea do que preciso.

domingo, 13 de septiembre de 2009

Los Imposibles - Lost & Fun (2006)



Sacado de La Suerte del Perdedor



Que dicir de Los Imposible, quizais sexa a mellor banda do estado español de ton sesentero.

Se teño que falar deste disco quéndaseme as palabras cortas, na traxectoria desta banda hai altibaixos, temas incribles e outros que non tanto, e de repente irrumpen con este traballo, pero de tal forma e tan bestia que quedas boquiaberto.




A calidade musical de este disco é máis que patente, é flipante tanto o ritmo coma os sons, nesta vez ata hai unha breve introducción que te remite a outro país digamos que asiático. aS GUITARRAS, E OS SOLOS! alucinantes a verdade que se nota que lle destes tempo.

As voces moi boas, por favor, o tema 5 deste traballo é máis que alucinante! ALUCINANTE!

UN DISCO DE HONRA.

O seu myspace


Los Imposibles- Lost & Fun



01. Gooliver Song
02. Una vez mas
03. I Don´t Want You
04. Sweet Talking Girl
05. Keep Trying
06. Losing You
07. Someone Who Cares
08. Kathmandu
09. I Look Around
10. Seven Ways To Love 11. You
12. Love Shines
13. Faith
14. Rattle & Choose



--------------------------------
--------------------
Los Imposibles - Lost & Fun
-------------------
----------------------------

domingo, 6 de septiembre de 2009

Los Flequillos - Concierto (1980)


Disco que hai que agradecer a Paco Ortega, ex batería de los Flequillos, de Los Escándalos...

Nos 70- 80, uns rapazolos, e Paco Ortega incansable, sen dúbida, chegan co seu son, unha banda influenciada polo Mod Revival, pero tamén por todo grupo dos 60 que os caracteriza, entre as súas influencias están The Jam, The Who, The Beatles, destes grupos aparecen versións como a de beatles co nome de Retuércete y Grita(twist and shout!) ou un I can´t Explain de The Who co seu No Puedo Explicar. Unha versión de Barbara Ann e moitas máis.

Escoitaos na súa radio

RADIO FLEQUILLOS



Los Flequillos formaron parte desos 80 MODS de Madrid, estiveron activos do ano 78 ó 82. Co seu pop beat comprendes quizais como foron aqueles anos.

Los Flequillos - Concierto 1980

1.- Novena Poción de Amor
2.-Yo Quiero Ser tu Chico
3.-No Puedo Explicar
4.-Retuércete y grita
5.-La Felicidad es una Gaita
6.-El Shock del Rock
7.-Tarde Naranja
8.-Si no fiera querria serlo
9.-El Posavasos
10.-Barbara Ann
11.-Estoy Cansado de Quererme
12.-Máscara de Oxígeno de Terciopelo
13.-Paradojas de Mamá
14.- Ana
15.-Perra
16.- Jognny B Goode

----------------------
------------
Los Flequillos - Concierto de 1980
------------
-------------------

sábado, 5 de septiembre de 2009

Los Negativos - Dandies Entre Basura



Disco extraido de Baila la pulga blog

Febreiro d 2009 sae a luz o traballo, o novo e derradeiro traballo de Los Negativos.

Xa lonxe quedou aquel ano 84 onde Alfredo Calonge (voz e guitarra), Carlos Estrada (baixo), Roberto Grima (guitarra) e Valentín Morato (batería) decidiran comezar coa viaxe hacia el Norte, no seu paso deixaron atrás xente que coñecían, como podias nin sequera a agardar o que se aveciñaba con este disco. A volta os escenarios, e así están de feira en feira.

Este ano visitaron Galiza un par de veces, e todas elas perdín a oportunidade de velos. Xa dixen que dende o seu segundo traballo perderan aquel ton psicodélico que acompañaba o seu pop.



A formación orixinal volve.

Los Negativos - Dandies Entre Basura


1. P
alacio noct urna y personal
2. Dandies entre basura

3. Madre Lucia
4. Capitan Escarlata

5. Creacion Instantanea
6. Fotos Del Ayer

7. Overdrive
8. Flash!

9. Las Calles Vacias
10. Parque Portugues
11.

12. Sacerdotisa De La Carne Electrica

------------------------------
-------------
Los Negativos - Dandies Entre Basura
----------
--------------------------


The Shake - trippin' the whole colourful world


Outra vez de La Suerte del Perdedor blog atopo esta xoia.


"Son 4, son pulcros, son de Almería, son THE SHAKE...
Suenan a: pop, psicodelia, beat, early rock y garage."

Flor y nada Dixit


A verdade é que este grupo sorprendeume moito cando o empecei a escoitar, loxicamente só o achara en recopilatorios, unha maqueta e demáis traballos, xoia, é o que. Di Flor Y Nata que esta banda recibe as súas principais influencias de bandas como Sonics, Easybeats, Kinks, Who, Flaming Groovies, Los Brincos, Manfred Mann, Los Salvajes, Small Faces, Spencer Davis Group, Dave Clark Five, The Troggs e un largo etc.



Home é de esperar que reciban esa clase de influencias, máis que nada porque esta banda cultiva un son dos 60, a súa guitarra destaca un claro beat, no seu baixo facendo liñas o claro sentimento roqueiro, na outra guitarra acompaña a psicodelia,as súas voces a coro nalgún dos temas presaxia o que esta banda é.

Son de Almería e o grupo está formado por Miguel A. Calabuig (voz e guitarra), Antonio Medina (bateria), Alex L. Pierre (baixo) e Javier Maresca (lead guitarra e voz).

Se non sabedes que é unha Lead Guitarra é esto. Unha guitarra principal, vamos. E déixovos tamén o seu myspace.


Por certo, se vos queredes facer co seu novo 7´´

Image and video hosting by TinyPic


debedes enviar un correo a esta dirección


hey.girl.records@gmail.com

Pedíndoo e compradeo.

Por certo, sei que esto é un blog de descargas, pero quería recordar que deberíades mercar os discos das bandas e tal, na páxina de flor y nata podedes mercar tanto as cancións por separado como por conxunto.

Shake - trippin' the whole colourful world

1.-She´s in Black
2.-Stop The Show
3.-Now I´m Alone
4.-Still Haven´t Seen the Man On the Moon
5.-She´s My Girl
6.-707
7.-You Said Goodbye
8.-I Got a Hole in My Soul
9.-Do You Love me Too?
10.- Don´t Like Summertime
11.-You Know
12.-Oh No!
13.-Something Real
14.-Can´t Flight Your Loving


-------------------------------
---------------
The Shake -  trippin' the whole colourful world
-------------
----------------------------

viernes, 4 de septiembre de 2009

Top Models - To The Maximum



Disco extraído do blog La Suerte del Perdedor ó igual que o disco de Chest. O cal lle estou agradecido.(non desistas!)



Brighton 64 fixo Bum! Matamala fixo BUM!

E claro os irmáns Gil estaban inquedos, (aproveito xa de paso a falar deste grupo... a súa volta os escenarios é máis que COJONUDA), Ricky Gil díxose que non ía ser menos que o seu irmán e claro ... culo veo guitarra toco!

E así nace esta banda, con membros dos Rebeldes, de Matamala e de Brighton 64, unha boa amalgama de músicos con ganas de desmostar potencialmente un escenario a base de caña , claro que os estilos deste disco como ben apunta o blog de la Suerte del Perdedor fai un recorrido por un son bastante peculiar.



De feito o terceiro tema baila sobre unha base bastante "elestrónica", con un guitarreo e uns ventos propios do Soul máis dos 70, a voz distorsionada e unha guitarra agochada que lle da tralla, un disco no que se recorren polas melodías pop como por outros estilos afíns, pasando polo punk e demáis...

Un grupo da discográfica Bip non pode defraudar.

Así ultimamente non actualizo moito, é o que ten estar ocupado cos exames de septembro... rezade por min!

Top Models - To The Maximun

1.-Kangaroo
2.-Bollywood Star
3.-Sugar Baby evil city
4.-Be The Light
5.-Shake It or Break it
6.-Kerouac
7.-Death of the blues
8.-Misfits
9.-No fue un sueño
10.-To the maximun
11.-Nervios Breakdown
12.-Kangaroo

-----------------------
--------------
Top models- To the maximum
-------------
-------------------------

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.