sábado, 14 de enero de 2012

The Shake -Try to Get Ready

gravado no 2008 no Colcut Studio 

Foi en setembro de 2009 cando falamos por primeira e derradeira vez da banda de Almería, acordádevos de The Shake, aquel grupo cun primer traballo (trippin' the whole colourful world do 2006) incrible, enserio, acordádevos de temazos como  Oh No! ou Can´t Flight Your Love?.


Non? vale, mellor esquecédeo todo, claro que está relacionado, pero nada daquel primer disco con temazos entre o R&B, garaxe  e a psicodelia, e cincocentas dúas etiquetas que lle querades por, da man dunhas guitarras, miña nai que guitarras, que enerxía aquel disco, aínda agora me estremezo o recordalo e sígoo a escoitar moi a miúdo...

Pois ben, como dicía esquecédeo todo, esta quizás sexa outra historia. 
Miguel Angel Calabuig
No ano 2007 a banda grava edita un single con hey Girl Records cos teñas Once Again e Don´t Really Care.Viaxaremos ata o 2010, ano no que ve a luz este Try to Get Ready , grazas o discográfica Sunny Day Records .

 Nace esta unión coa discográfica despois de andar os bandazos tentando colocar o producto, que vós pasa?  en que momento ninguén quere producir o segundo traballo de larga duración da banda coñecendo os antecedentes? enserio, que vós pasa?.  O final esto ten un bo final, sería a discrográfica cacereña a encargada de que o proxecto chegue os nosos oidos.


A banda tivo variacións da súa formación dende o primer traballo a este, xa que só repiten neste LP Alex L. Pierre o baixo e Miguel Angel a voz principal e guitarra, entrando a batería Jose Luis á batería e Juan Luis á guitarra, ademáis de un trio de metais,harmónica...


E sen máis pasamos a un disco formado por 10 temas, comeza cun Bring Some Lovin, sí, é o que parece, e tocado cunha guitarra moi fuzz, e cunha enerxía moi propia do grupo, Unha versión moi fresca e gardando esa paixón polos sons sixties que tan promociona cada un dos seguintes 9 temas do traballo. 




De que máis queredes que vos fale, que sí, que aquí conxúgase moito pop,moito garaxe, os temás máis rimánbluseros-garajeros brancos con harmónica e todo son incribles, temas como It´s for You. Se me tivese que quedar con temas elexía Don´t Put Your fingers on my Girl ou mesmo temas como Rescue me, un tema pop moi limpo e xenial, ou o homónimo que lle da título o traballo. Dende logo non se fai nada parecido o desta banda

The Shake-  Try to Get Ready


1.-Bring Some Lovin 2.-Try to get ready 3.-Rescue me4.- Same on you 5.-Don´t put your fingers on my girl 6.-When you stole the sun 7.-Give a Guarantee 8.-Love got no Memory 9.-It´s for you 10.-Anoter Girl




----------------------------------------------
-------------------------
------------------------
--------------------------------------------------

viernes, 13 de enero de 2012

Los Glosters - Discos Olvidados, adquirídeo.

Xa podedes adquirir o novo disco dos Glosters, por 15 euros  camisola e mini LP cos 5 temas,




Perdoade a tardanza. Non podo falar máis do disco, porque aínda non me fixen con el, en canto o faga, xa vos comento.

Un saúdo.

Escoita ti, e comenta ti. The Phantom Keys- The Real Sounds of...

Dádelle duro o novo disco dos Phantom Keys


 http://thephantomkeys.bandcamp.com/album/the-real-sounds-of

Todo queda na casa, os engadidos a formación  temos á armónica a Bufallo Vall ( Fran Martínez) e Fernando Villaboy (ex-Elephant Band e un montón de proxectos máis) ó órgano. O disco pódese atopar ou pedir en Bloodymary, Muster e No Tomorrow.

Vaia discazo rapaces, vaia discazo teñen entre mans.


jueves, 12 de enero de 2012

Los Immediatos - Third Time´s the Charm


Perdoade, o nadal o nadal, e as cousas que pasan alonxáronme un pouco das miñas responsabilidades, outra vez, pero xa estamos aquí de novo.

                                                                                                                                                                                     
De como empecei a escoitar os Immediatos xa creo que teño falado, e refalado, neste blog falamos dos seus dous anteriores discos, moitas escoitas lle estou dando o 4º traballo "Four Tickets for Wonderland", e moitas aínda a día de hoxe lle dou a tódolos seus traballos, sobretodo a este terceiro que vos traio(recoñezo que me emociono ó ver o cantante, Jartur, por Ourense no nadal, non digo nada, pero fago hihihihihi coma se fose unha colexiala).
Sorpréndeme como xira e xira esta banda, de concerto en concerto, moitas horas de viaxe, de como o Beat e Pop que conxugan por partes iguais chega a máis xente da que penso, os concertos que teño asistido me remito, aínda que sexamos poucos, sempre moi fieles a movelo corpo.Claro, sobra dicir, o son Sixtie, eso por suposto, sendo fieles coma sempre e deudores a estos sons, ver Renacerá, versión dos Brincos


Dende logo non vos vou aburrir de que clase de estilos hai no disco, que si garaxe, que si xa os citados, eu o que sei, o que atopo aquí é un disco moi enérxico, esta banda tenche que entrar polas orellas, quizais se faga un pouco dificil se acabas de coller este traballo e se de pouco ou nada coñeces a traxectoria. Será eu que noto un punto de inflexión da banda, quizais sexa un traballo menos "guarro", e moito máis limpo, onde ademáis dun hammond bastante atronador , unas guitarras o son do Fuzz e os temas en castelán e inglés indiferentes, son de igual calidade, dándolle o traballo outra pinta.

Sen máis disfrutádeo.

Los Immediatos - Third Time´s the Charm
1.- Another Story 2.-Having a Look Around 3.- Monday Morning Girl 4.-Baila Conmigo5.-My Mind In Bed 6.- Renacerá 7.- Viaje Interior 8.-They're Gonna Have Fun 9.-Lies 10.-Si tu te vas 11.-Bad Boy 12.-Summer Shakin´

-------------------------------------------------------
------------------------------
-----------------------------
--------------------------------------------------------

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.