sábado, 30 de abril de 2011

Brighto 64 na Coruña o 21 de Maio.



Estrella Galicia acércanos os Birghton 64 ata a Coruña, sala LeClub o 21 de Maio, eu na miña política de austeridade non podo sumarme a asistencia a ese concerto.

Son unha avoa.

miércoles, 27 de abril de 2011

Eu era un Punk.

Son xoven, era máis xoven.

If the kids are united then
we'll never be divided


Eu sonche moi novo, e dende un comezo as portas musicais para min abríronse co Punk que me podía botar ó corpo.

Xa cando formando, na miña tenra pubertade, parte dun desastroso conxunto de Oi!, nunca fora moi fan deses sons, decantándome máis que nada pola música xamaicana e o soul, o pouco pouco que coñecía daquelas cando aínda lle estaba sacando brillo a unhas marteens compradas de segunda man, caia algún recopilatorio de Northern Soul.

Algún Fred Perry que coidaba como ouro en pano,un peacock, unha parka unha talla máis grande ca min e non creades que se notaba pouco, era feliz, nunca fora de pantalóns con lexivia, nin de chalecos vaqueros, moito menos de levar os pantalóns por Cuntis. Non o camuflaxe, non as camisetas, e un sí as camisas de cadros.

E se eu estaba frustrado co mund, a música sonaba, miña nai se queixaba era por algúns conxuntos desa música de quintas repetidas, e punteos soseras que eran para min imprescindibles como os The Now, Menace, os sagrados The Clash, The Unwanted,  The Soft Boys, e claro logo todo o revival, necesitaba incluso, que este fose máis enérxico. E iso que moitas veces era na cama cando sonaban estos discos.

Necesitaba máis caña, os Jam, The Circles, The Killermeters ou os Squire non eran suficientes, necesitaba nesa idade quizás acabar de chinchar o vecindario,a todo o mundo ó redor, tocando o baixo a volumes altísimos coa introducción de Oi! Oi! Oi! dos Cockney Rejects. Ou o baixo feroz de Into The Eighties dos The Now.

Só era feliz cando en directo se versionaba o If The Kids Are United, concertos que se nos pagaba con barras libres os espectáculos lamentables pero moi moi divertidos.

Solía ser moi divertido menos cando nos pasamos coas birras en Portonovo e dimos un concerto para 9 personas super entregadas, que debía ser o meu irmán e 4 colegas...

O demáis era sempre a camadería cos do grupo,estar na casa sonando o Borstal Breakout a todo volume, o Running Riot de Cock Sparrer,algun tema dos destornilladores, daquel disco amarelo que non mentarei, pero que I Don´t Like you se solía repetir moito.

Era o tempo de escoitar os Decibelios, Cicatriz co seu Enemigo Público, tema que versionábamos de mala maneira. Algunha versión dos Kortatu. E outra birra.

Moito escoitar os Siniestro Total, para despois querer defenestrar a Germán Coppini... chegaría ata hoxe, que sigue caendo moito Siniestro, pero agora xa con The Movement, os The Bite, Concepción Glory Boys etc etc teño suficinte

Era xoven e sigo sendo,e estos sons volverán  a este blog.


David.






Era máis xoven... e non me arrepinto de nada.

martes, 26 de abril de 2011

Obligadisima Asistencia: Al Supersonic & The Teenagers en Santiago!!!


Con motivo do aniversario de A Reixa teñen a ben agasallarnos con un concerto dos que se recordará.

13 de Maio, Venres, Sala Capitol.

Tedes toda a información no cartace, ide ide...

jueves, 14 de abril de 2011

Allnight Workers petisco de R&B e Swing.



Só escoita, unha vez e verás que lle pasa os teus pes.

Quen dixo que en Galicia non se fai un musicón? se xuntamos dunhas rías a outras, mezclalas con moito son negro o que che sairá é un conxunto como os Allnight Workers.

Neste grupo podes atopar músicos que proveñen de bandas como The Loveless Cousins, The Phantom Keys, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Ttrashtornados... 

A banda formado nun 90% e un 10% por músicos galegos aparecen no panorama cun LP cargado de auténtico gusto pra toda a familia.

A banda dende un comezo(formada por Néstor e Roi que andaban xa  a argallar  nas súas cousas) non se constituiría nos ritmos negros, os artífices , tendo en consideración os antecedentes e o son de éstos,  farían de Néstor (vocalista) e Roi (como guitarrrista) emprender  un proxecto encarado cara o r&b máis  branco... pero que pasou? unha reviravolta e unha mezcla de color lle deron o impulso necesario para que a banda decidise deixarse de caralladas, e lles dese por tinguir o son.

Os saltos estilísticos andan entre o Swing, o r&b, moi afastado dese son máis "guarrete e simple" como un dos membros indica.

Será quizás un saxo o que corone a banda, ou quizás sexan as súas guitarras. Ou a incrible voz a que configure o ritmo que necesitaba a banda. 

Dito conxunto para atopar o seu son decide ir a grabar este traballo a Berlín, nin máis nin menos que a Estudios Lightning Recorders. 

No seu debut atopamos versións como Night Time is the Right Time, Coal Miner, Hello  Josephine... As criticas a banda non se fixeron esperar e como non o eco desta foi moi apreciada tanto polos amantes do r&b con flequillo como os que levan tupé, sexa como fora, non deixan a ninguén co cu quedo na cadeira, non señor non.

Se tivese que expresar o que penso da banda é que este traballo merece moitas escoitas, para sacar del ese detalle da guitarra, o saxo que se expresa libremente por tras das cordas. Moi maduro, un traballo con un son moi maduro e moi moi recomendable, non tiven dúbida a hora de poñerlle a todos os meus amigos o Lefty Brown, tema que corona o disco sen dubidalo, pero sen desmerecer outros temas como  Swing Brother, o Coal Miner antes mencionado.

Eu ca ti aforraría e faríame coa súa correspondiente copia en 


http://www.grabacionesdeimpacto.com/

Ou ben escoitalos no Spotify


Eu, entrementras póñovos o disco, o cal non subín, de atopar algunha queixa a esto, facédemo saber o meu correo hammond_lover@hotmail.es e perdoade as molestias


The Allnight Workers - This Only Happens Once
------------------------------------------
------------------------------
-------------------------------
----------------------------------------------

miércoles, 13 de abril de 2011

VVAA - Pentecostes Vibrations. E unha oda a resurección.





Non chegou a santa semana eu eu xa renacín con máis forzas.

Moitas gracias polas vosas palabras. Moitas gracias, e tíñades razón.

---------------------------------------------

foto extraida do blog 18 rodas

Pois como entramos nunha época do ano mística que mellor que este disco.

Unha tarde calquera por Vigo, nunha tenda de discos, na cal soio ser un habitual, sí, Honky Tonk, un compañeiro de andanzas, un pucelano tivo a ben recalcar certo disco, o cal cun fio, atado por un cuño, non pode garda o que dentro del hai.



De que vai este disco?

Seica é unha recopilación de música cristiana feita nos 60-70 nese voso país. Cuns sons moi peculiares, entre a psicodelia e o garaxe, pero neste disco hai de todo.

Hai temas curiosos, e anécdotas moito máis como certo ex ministro de xustiza membro dalgún dos grupos que se inclúen neste disco.


Si, Mariano Bermejo ( Baixista) membro dos Cirros extendendo a sagrada palabra a ritmos máis pop e psicodélicos.



Quizás este sexa un dos temas que máis me guste, se me tivese que quedar con algúns dos temas deste disco, Hay Muchos como Yo de los Cirros, What Have you Seen de Los Amis,  e Te Amo, Mi Hermano de Shalom

Detras de este recopilatorio atópanse os creadores de Andergound Vibrations.  Disfrutádeo.


---------------------------------------------------
------------------------------
---------------------------------
-----------------------------------------------------

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.