miércoles, 27 de abril de 2011

Eu era un Punk.

Son xoven, era máis xoven.

If the kids are united then
we'll never be divided


Eu sonche moi novo, e dende un comezo as portas musicais para min abríronse co Punk que me podía botar ó corpo.

Xa cando formando, na miña tenra pubertade, parte dun desastroso conxunto de Oi!, nunca fora moi fan deses sons, decantándome máis que nada pola música xamaicana e o soul, o pouco pouco que coñecía daquelas cando aínda lle estaba sacando brillo a unhas marteens compradas de segunda man, caia algún recopilatorio de Northern Soul.

Algún Fred Perry que coidaba como ouro en pano,un peacock, unha parka unha talla máis grande ca min e non creades que se notaba pouco, era feliz, nunca fora de pantalóns con lexivia, nin de chalecos vaqueros, moito menos de levar os pantalóns por Cuntis. Non o camuflaxe, non as camisetas, e un sí as camisas de cadros.

E se eu estaba frustrado co mund, a música sonaba, miña nai se queixaba era por algúns conxuntos desa música de quintas repetidas, e punteos soseras que eran para min imprescindibles como os The Now, Menace, os sagrados The Clash, The Unwanted,  The Soft Boys, e claro logo todo o revival, necesitaba incluso, que este fose máis enérxico. E iso que moitas veces era na cama cando sonaban estos discos.

Necesitaba máis caña, os Jam, The Circles, The Killermeters ou os Squire non eran suficientes, necesitaba nesa idade quizás acabar de chinchar o vecindario,a todo o mundo ó redor, tocando o baixo a volumes altísimos coa introducción de Oi! Oi! Oi! dos Cockney Rejects. Ou o baixo feroz de Into The Eighties dos The Now.

Só era feliz cando en directo se versionaba o If The Kids Are United, concertos que se nos pagaba con barras libres os espectáculos lamentables pero moi moi divertidos.

Solía ser moi divertido menos cando nos pasamos coas birras en Portonovo e dimos un concerto para 9 personas super entregadas, que debía ser o meu irmán e 4 colegas...

O demáis era sempre a camadería cos do grupo,estar na casa sonando o Borstal Breakout a todo volume, o Running Riot de Cock Sparrer,algun tema dos destornilladores, daquel disco amarelo que non mentarei, pero que I Don´t Like you se solía repetir moito.

Era o tempo de escoitar os Decibelios, Cicatriz co seu Enemigo Público, tema que versionábamos de mala maneira. Algunha versión dos Kortatu. E outra birra.

Moito escoitar os Siniestro Total, para despois querer defenestrar a Germán Coppini... chegaría ata hoxe, que sigue caendo moito Siniestro, pero agora xa con The Movement, os The Bite, Concepción Glory Boys etc etc teño suficinte

Era xoven e sigo sendo,e estos sons volverán  a este blog.


David.






Era máis xoven... e non me arrepinto de nada.

2 comentarios:

  1. aínda lembro esta publicación no teu fotolog, publicación mítica túa xunto coa da caixa na cabeza. Non lembro o que comentabas pero sei que eu partíame contigo.
    Parece que foi onte, pero xa foron anos amiguinho!! pero non te preocupes que seguimos sendos xóvenes (algúns máis que outros).
    Terei que volver a escoitar cicatriz e decibelios agora que mos lembras, que os tenho esquecidos.
    Que che medre Davicinho que falta che fai!
    Esos pintxos&garimbas!!

    ResponderEliminar
  2. nin me lembro do fotolog xa, no que anuncíabamos os concertos, logo chegaría o myspace e as maquetas, as dúas... ay ay...

    Un saúdo.

    ResponderEliminar

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.