jueves, 21 de febrero de 2013

Los Huéspedes Felices - Tipos Normales con Guitarras Eléctricas



Momento Bandcamp, ata que non teña internet na casa, non haberá reseñas. Pero ídelle dando as primeiras oidas ao novo de Los Huéspedes Felices, dádevos presa, que sexa novo depende de eles, porque ao ritmo que editan


viernes, 15 de febrero de 2013

Do novo traballo de Al Supersonic & The Teenagers



Só sabemos que se vai chamar It´s Alright, só sabemos o nome dos temas, que repiten con Unique,  que esta fotografía foi sacada por Andreas Krüger en Alemaña, durante un concerto no McCormacks Ballroom de Leipzig, e que o diseño da portada débese a José María Rubio. E para finalizar que teñen novo traballo,  sei que é pouco, eu tamén quero saber máis e escoitalo:



miércoles, 13 de febrero de 2013

Los Hully Gullys xa teñen Bandcamp





Desta banda xa faláramos fai tempo, para  min é un orgullo que fagan súas as miñas palabras, este conxunto abraioume, e a vez quero compartilo con vós.

Disfrutade do seu Bandcamp e non perdades a pista da banda.







miércoles, 6 de febrero de 2013

Novo LP de The Frinchers

Xa está dispoñíbel o novo LP dos Frinchers (antigos exPotros entre outros) ídelle dando unhas oídas que eu non podo.




lunes, 4 de febrero de 2013

I Concurso novos talentos de Sunny Day Records



 
Sunny Day Records ven a presentar o seu primer concurso de novos talentos con 3 grupos maqueteros, se queredes que pasen a formar parte do catálogo só tedes que facer os seguintes puntos:

  •  Votar dende http://www.sunnydayrecords.es/sello/  e ingresar a cantidade de 7 euros co botón Paypal, non esquezas dicir por quen votas e os teus datos personais, se non tes conta paypal facelo dende a súa conta en Bankia 2038 4600 68 6000190093 sen esquecer os datos. Podes votar tantas veces queiras.
  • Cando o prazo remate, o 30 de Abril, os grupos que recibisen 80 ou máis votos entrarán automáticamente con Sunny Day Records 
  • Se o teu grupo, polo que votaches, consigue os votos necesarios recibirás unha copia formato vinilo sen gastos de envio ao teu domicilio
  • Se non resulta gañador terás un cupón polo valor do que ingresaches, para mercar dentro da Sunny Day Store ou ben levarte o single da banda que escolleras.




 Os Grupos son os seguintes:

Los Remotos


 


The Buildings 


Los Picamato 


 


 A VOTAR!

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.