lunes, 21 de febrero de 2011

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre- Out of my mind








Vamos a tirar pra casa, dende Sanxenxo (que non Sanjenjo maldito mesetero) chega un grupo de sons moi do noso agrado.

Nados no ano 2007, a banda galega está formada por  Michi "Calambres" Lorre á voz, pandeireta e armónica, Lorre Lorre guitarra solista;  Sheriff Lorre guitarra e máis;Howlin' O-Lorre á batería.

A familia Lorre ten un obxetivo, ter un son proximo o R&B máis canallesco, paladear o garaxe e facer que móvalo cu.


O 7´´ foi grabado por Jorge Explosión en como non o seu estudo  Circo Perrotti,  e editado por Freeky Dicky Records.

O que vas a atopar no seu disco entra no propio significado duns sons canallescos. Perdón por repetirme.

A voz que acompaña os berros incensantes no tema que ven máis abaixo, e a súa vez a armónica, provocarán en ti que teñas o irrefrenable instinto de axitarte, mover os pes, sentimento que nos seus concertos materializas con un son que ben podería tirar as paredes cando dun recinto pequeno se fala.

Banda feita para pequenos locales, que che den ganas de subirte o mobiliario e liala parda.



Empaparaste de sudor nos seus concertos, do teu propio sudor o comezar un tema e outro. Non quereras que remate, se gustas dos ritmos do rock´n´roll  esta banda fará de ti un home.

Se queres sudar todo o que te atrevas a beber durante un concerto dos Bastardos, non perdas a oportunidade de asistir a un.





Los Hijos Bastardos de Peter Lorre
Out Of My Mind, Stone Age Girl, Girls On Motorbike, That Jim

----------------------------------------------
---------------------------

--------------------------

----------------------------------------------

The Flashback Five - Ugly Thing 1992



E volvemos as andadas cos Flashback Five.



Como xa citei a banda únenselle a armónica e o teclado, e para mostra este single con tres temas. Neste caso atopamos que o cantante é Alberto Callejo quen leva a harmónica a outro rollito, buscando un son entre a psicodelia e o r&b. como vemos no tema Ugly thing.



Sin duda é salientable neste traballo o tema Trouble,Misery and Pain.

Un moi bo tema que nada ten que ver con Ugly thing e From Above.

Dame no nariz que o tema de Trouble non pertence a este traballo, máis que nada polo son. Xa vos daredes vos de conta.



Un saúdo.


The Flashback Five- Ugly thing 
Ugly Thing, From Above e Trouble,misery and pain




----------------------------------------------------------
---------------------------------------
----------------------------------------
---------------------------------------------------------

miércoles, 9 de febrero de 2011

The Eyeliners - Demo


Unha actualización complicada, o audio está sacado de convertir os videos de Youtube en Mp3, senón imposible... Imposible... e cómome duas  cancións que me faltan, a calidade non é mala.

Esta actualización débolla a Miguel Ygarza, xa que foi él quen me puxo trala pista dunha reseña feita por Patricia.

Máis fotos e información en castelán aquí

Qué fue de los Eyeliners?

-----------------------

O grupo de Madrid nace sobre o ano 1995 formado por Ricardo Gómez-Mampaso(Batería e coros), Gonzalo Gomeza(Baixo e coros), e Arturo(Voz e guitarra) membros do grupo 60´s Shaking Hands, onde tamén militaría outro membro que pasaría por BlackBirds e Magic Bus.

Precisaban dun guitarra e a súa empresa engadiríase  Miguel Ygarza.

Un Miguel Ygarza que xa pasara por outros grupos como Tercios ou Gaseosa de Ácido Eléctrico.



En septembro editarían a súa primeira e única maqueta, un semidirecto con bastante boa calidade editada no garaxe onde levaban a cabo os ensaios, a que vos traio, excepto por dous temas,( unha mágoa non poder tela enteira) incluía If you want this love (West Coast Pop Art Experimental Band), Late last Night (The Motions) e That’s all that I need you for (The Birds), e dúas propias She’s a mod (Cantada por Miguel) e El Rubio de tu pelo



No 96 a banda debutaría sobre os escenarios, nunha festa organizada polos Mods de Henares, compartirían escenario con Happy Losers e Mk Cortinas. En Febreiro tocarían 1st Lleida Mod Meeting, festival nado  do  Walrus Weekend, xunto a Los Buhos de Castellón e oos Inner Circle de Bélxica.O grupo adicábase a incluir no seu repertorio temas dos Who, Smoke, Powders, Yardbirds etc etc... 

Empezan a xirar pola capital xunto cos Blackbirds de Toledo e mesmo telonear a banda The Knave na sala sol na súa xira Española. Ese mesmo ano Arturo abandona o grupo quedando este formado por un trío. Conxunto que non duraría moito xa que se incluiría á banda José Miguel Portela.

Na reseña indícase que o grupo cambiaría o rumbo do seu son e para mostra os grupos que comezarían a versionar como Zombies, Simon Dupree, Birds, Dutronc  e temas propios como It’s alright, Plonk, Anvick Club…

E de novo inclúese un novo instrumento, se xa Maicol da Lovva (José Miguel Portela) introduciría a Armónica o son dos Eyeliners,  sería Lucía  quen faga o mesmo co órgano.


 
Esta formación sería a definitiva, xirando de novo ó redor da capital, sento teloneiros de Los Estragos na presentación do disco Power Pop da banda.  E con outros grupos como Los Círculos, e os Smutmen.



No 98 a banda desfaise, cada un tomaría o seu camiño, Maicol e Lucia por exemplo, cadrarían nos Rocket Monas, destacar que Lucía tocou o órgano ata cos Cynics.

Moi salientable foi e é a carreira de Miguel Ygarza como organizador de eventos, e selector de discos en sin finidade de estos onde leva un carreirón que xa quixéramos máis de un.


Sen máis o disco, son 4 de 6 temas:

The Eyeliners- Demo
1.- She is a Mod, 2.- El Rubio de tu Pelo, 3.- If You Want This Love e Thats all that I Need You

-----------------------------------------------
---------------------------------
-----------------------------------
---------------------------------------------

martes, 8 de febrero de 2011

jueves, 3 de febrero de 2011

The Flashback Five - Forever Young 1994







Con todos vos os Flashback Five, e as súas evolucións co paso do tempo os seus compoñentes son, entre outros Fito, Marc Argenter, Octavi Planells , Quim García , Paco Cazorla,Quim Garcia - Bajo y voz(1990/1996 ) ,Sara Porter - Hammond  (1990/1996 ),Marc Argenter - Guitarr (1990/1996 ) ,Alfredo Plou - Voz (1992/1996 ) ,Raul Romero - Os pratos(1994/1996) ,Albert Callejo - Voz  e demáis (1990/1991 ),Igor Lope - Voz, e Guitarra (1991) ,Oriol Cardenya - Batería (1993) ,Paco Cazorla -Batería (1990/1992)
Octavi Planells - Organo (2004 )

Un lio, non si?
Outro dios aspectos que non me gustan é o de ter que falar das formacións, as bandas dos estilos sixties teñen unha fuga de membros increibles...

----------------------------------------------
Se algo teño claro da banda Barcelonesa, ademáis que o seu son é pura maravilla é que que a cartelería que os acompañaba tamén o é, para mostras os seguintes carteis.

Raúl Romero, o batería definitivo da banda.



Concerto no Big Bang Bar no 95, pintado a man.


Cartel da xira Alemana. 
Según comenta a banda no seu Blog, unha desastrosa xira.
Todos os cartaces, excepto o primeiro son de Marc, membro do grupo.

Imos a centrarnos no single que nos ocupa.



Nados no ano 1989 en Barcelona, din que naceron da nada, para chegar a debutar o ano seguinte, 1990,  tanto gusto lle colleron a eso dos escenarios que non se baixarían ata o ano 1996.

Certo que chegaron tarde o revival garajero dos 80, e según relatan, o que atoparon foi unha escena "neo-psicodélica"moi incipiente.

Gústame moito que no seu myspace empreguen estas palabras:

Su sonido progresó desde la reivindicable ineptitud garajero-rhythmanbluesera, pasando por el más puro freakbeat hecho jamás en nuestro país, hasta unos sonidos psicodélicos claramente precursores de los practicados por algunas de las bandas actuales de más éxito dentro del género


Xuzgade vos mesmos o que vades atopar neste disco. O que a son se lle antolla.




 

A banda, nestos anos musicais tivo que afrontar a entrada e saída de membros coa clara deformación musical dos estilos que ata o momento practicaban,igual un dos factores nos que máis recalca a banda foi o cambio de cantante, sería con Alfredo Plou con quen máis temas propios farían, xa que polo de agora dedicábanse as versións de grupos americanos de garaxe e beat.

Optarían polo inglés como idioma nas cancións. Para mostras unha das letras compostas por Alfredo.

Este tema nons e engadiría a antoloxía porque quedou mal gravado.

Ademáis dos cambios de formación,  tiveron que facer fronte a non ter discográfica, nin productor nin cartos, e aínda así editar tres EPs, un Single e un LP.

E aquí temos o Single Forever Young do ano 1994, con dous temas, a canción homónima o dísco e ademáis o tema I have seen a Woman.


The Flashback Five- Forever Young

-------------------------------------------------
----------------------------------
---------------------------------
-----------------------------------------------------

miércoles, 2 de febrero de 2011

Los Retrovisores- La Nostalgia ya no es lo que era



Espero la confirmación de uno de sus componentes para poner el disco entero, disco que yo no he subido.





E como eu non o subín comezamos coa historia de Los Retrovisores.

Algo que me fixo gracia é que empreguen para delimitar e etiquetar a esta banda co termo Neo-Yeyé.

Un termo que non coñezo nin entendo, non empregaría xamáis algo que inclúa o termo "Neo" para enmarcar un son que nos é coñecido,ó largo das décadas precedentes os 60 estos estilos non se perderon, nin moito menos...evolucionaron en diversas formación que todos coñecemos e disfrutamos. Pero se a banda quere empregalo ala eles.


----------------

Retrovisores, dende Barcelona son Víctor el Peole (voz, guitarra e coros), Pere el Boltxevic (guitarra, coros e órgano), Leonardo Guateque (baixo, coros e percusions), Gunzals “el portugués” (órgano, coros e guitarras),Alejo sir Al (batería, coros e trombones), Moses “el profeta” (saxo barítono e alto), Artur Marteens (trompeta), Joan Velasco (saxo tenor) e Gustavo Valeria (trombón)



A evolución da banda catalana dende os seus comezos por uns sons máis ¿xamaiquinos?¿xamaicanos?, ou como sexa, ata o pop con toques soul  fan da nostalxia algo pasaxeiro, claro que non esquecen as súas raices xamaicanas neste disco debut, non non, para máis señas atopamos o tema Interludio II Los Skinheads también lloran. Tema instrumental.

Respecto o seu son podemos chegar coas comparacións con outras bandas souleras dos 60, cousa que eu non fago, e se o fago, fágoo fatal.

Ditas comparacións atopámolas no uso dos ventos, o hammond que na versión do tema Dieciseis toma moita importancia, e por ritmo achéganos de novo a un estilo que roza entre os sons da isla co soul.

Os seus primeiros temas podiamolos atopar en recopilatorios como L’Edat Daurada, Somos los mods o Moderno pero español. Non chegaría ata o 2010, da man de Flor y Nata, sacasen o disco La Nostalgia ya no es lo que era  gravado en Kinky Lab por Alejo Peloch.
Homexa claro os Pop-Tops  gardando as distancias.

Que atopamos neste disco?

Se tivese que analizar canción por canción poderíase dicir que conxugamos  pop co soul dos 60, un son moi ibérico, o reggae institucionalizado no traballo por medio do Hammond, uns ventos atronadores que loitan entre eles como no tema de Mi Corazón, e nalgúns temas a corda como  no tema Sin ti no sale el Soul.

A banda mesma afirma que é normal a evolución, se ben naceron coa idea do ritmo xamaicano, a medida que evolucionaban abríanse a outros estilos.

Este disco tardou en nacer un ano e medio, de ahí o tema 2008 la Crisis.  A banda conxugou este tempo para afrontar o disco con calma e como eles din sen presións económicas.

Juan y Junior, amigos, escoitade a versión de Dieciseis e vede como se fan as cousas con calma e estilo.


 ¡Escondan a sus niñas porque aquí están los más puristas, los más elegantes, los auténticos!


 `Propoño para esto, xa que non teño autorización dos propios Retrovisores, 4 temas que extraín do disco que algún desalmado subiu.

Ah! O disco pódese escoitar en Spotify, fai click aquí, Los Retrovisores en Spotify

Los Retrovisores.

Dieciseis, Sin ti no sale el Soul, Los Skinheads no lloran, El Gran Guateque.

------------------------------------------------------------
-------------------------------------
-----------------------------------
------------------------------------------------------

martes, 1 de febrero de 2011

Los Glosters- Canciones





Aviso, yo no he subido este disco, ni tenía pensado hacerlo, no por su calidad ni nada de eso, sino porque es un disco del 2009, que se puede adquirir en tiendas, lo he encontrado y utilizo el enlace para dar que hablar sobre los Glosters.


Compráoslo.





Agora a actualización que se merece esta pedazo de banda.

Retomamos o fío da banda, nados en Tarragona, foi primer fichaxe de Flor y Nata cando retornou no 2005,de onde veñen , algúns dos seus membros de Els Pirats e de outras formacións.

A miña efímera relación con los Glosters máis alá de velos en concertos,  foi a do pracer de falar cos seus membros, mesmo un agasallo moi especial como foi este disco no seu momento por parte deles, fan que lles teña especial aprecio.

A primeira vez que os vin, xa choveu, foi no 2009, un 17 de Xullo en Santiago de Compostela, uns cansados Glosters fixeron que os seus ánimos non se viñeran abaixo, comezando o seu show de sons que de non ser yeyés, non  terían razón de ser.

Para min, é un dos grupos do estado que a día de hoxe máis aprecio sinto, xa que houbo temas como Sha la la la el fin de semana, que me animaron moito a agardar os findes e non darme os excesos en plenos Juergues.

Era unha desas cancións coas que te preparas para un fin de semana cheo de música, bebida e compañía. Coma se de unha arenga se tratase.



Que atopamos neste disco?

Unha auténtica descarga, creo que da súa carreira este é un dos traballos máis maduros, como se esquecesen un pouco a traxectoria dos seus 4 anteriores discos, e se fixeran de novo.
 Como xa dixera quero destacar tamén temas como "Quién","Tiempo" ou "Stop" cercanas o seu sonido habitual, entre as versións destacar o tema "Canciones".



Los Glosters - Canciones


---------------------------------------------------------
--------------------------------------

---------------------------------
---------------------------------------------------

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.