miércoles, 2 de febrero de 2011

Los Retrovisores- La Nostalgia ya no es lo que era



Espero la confirmación de uno de sus componentes para poner el disco entero, disco que yo no he subido.





E como eu non o subín comezamos coa historia de Los Retrovisores.

Algo que me fixo gracia é que empreguen para delimitar e etiquetar a esta banda co termo Neo-Yeyé.

Un termo que non coñezo nin entendo, non empregaría xamáis algo que inclúa o termo "Neo" para enmarcar un son que nos é coñecido,ó largo das décadas precedentes os 60 estos estilos non se perderon, nin moito menos...evolucionaron en diversas formación que todos coñecemos e disfrutamos. Pero se a banda quere empregalo ala eles.


----------------

Retrovisores, dende Barcelona son Víctor el Peole (voz, guitarra e coros), Pere el Boltxevic (guitarra, coros e órgano), Leonardo Guateque (baixo, coros e percusions), Gunzals “el portugués” (órgano, coros e guitarras),Alejo sir Al (batería, coros e trombones), Moses “el profeta” (saxo barítono e alto), Artur Marteens (trompeta), Joan Velasco (saxo tenor) e Gustavo Valeria (trombón)



A evolución da banda catalana dende os seus comezos por uns sons máis ¿xamaiquinos?¿xamaicanos?, ou como sexa, ata o pop con toques soul  fan da nostalxia algo pasaxeiro, claro que non esquecen as súas raices xamaicanas neste disco debut, non non, para máis señas atopamos o tema Interludio II Los Skinheads también lloran. Tema instrumental.

Respecto o seu son podemos chegar coas comparacións con outras bandas souleras dos 60, cousa que eu non fago, e se o fago, fágoo fatal.

Ditas comparacións atopámolas no uso dos ventos, o hammond que na versión do tema Dieciseis toma moita importancia, e por ritmo achéganos de novo a un estilo que roza entre os sons da isla co soul.

Os seus primeiros temas podiamolos atopar en recopilatorios como L’Edat Daurada, Somos los mods o Moderno pero español. Non chegaría ata o 2010, da man de Flor y Nata, sacasen o disco La Nostalgia ya no es lo que era  gravado en Kinky Lab por Alejo Peloch.
Homexa claro os Pop-Tops  gardando as distancias.

Que atopamos neste disco?

Se tivese que analizar canción por canción poderíase dicir que conxugamos  pop co soul dos 60, un son moi ibérico, o reggae institucionalizado no traballo por medio do Hammond, uns ventos atronadores que loitan entre eles como no tema de Mi Corazón, e nalgúns temas a corda como  no tema Sin ti no sale el Soul.

A banda mesma afirma que é normal a evolución, se ben naceron coa idea do ritmo xamaicano, a medida que evolucionaban abríanse a outros estilos.

Este disco tardou en nacer un ano e medio, de ahí o tema 2008 la Crisis.  A banda conxugou este tempo para afrontar o disco con calma e como eles din sen presións económicas.

Juan y Junior, amigos, escoitade a versión de Dieciseis e vede como se fan as cousas con calma e estilo.


 ¡Escondan a sus niñas porque aquí están los más puristas, los más elegantes, los auténticos!


 `Propoño para esto, xa que non teño autorización dos propios Retrovisores, 4 temas que extraín do disco que algún desalmado subiu.

Ah! O disco pódese escoitar en Spotify, fai click aquí, Los Retrovisores en Spotify

Los Retrovisores.

Dieciseis, Sin ti no sale el Soul, Los Skinheads no lloran, El Gran Guateque.

------------------------------------------------------------
-------------------------------------
-----------------------------------
------------------------------------------------------

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.