miércoles, 25 de julio de 2012

La Voz en Color: Revista

Me gusta meterme con Xoel López, es divertido y a cualquiera se le puede dar bien, os dejo la revista de La Voz en Color donde se incluye un artículo mio titulado "Tu Antes Modlabas"

http://issuu.com/lavozencolor/docs/la_voz_en_color_de_julio1


lunes, 16 de julio de 2012

lunes, 9 de julio de 2012

FELIPOP 2012 (gústame)


Gústame todo o que sae neste Cartel, salvo onde queda... moi lonxe, pero tentarase, gústanme tódolos grupos, moi orientado cara un son, un único son que refresca. Se non tes plans para Agosto aquí tes un é ben grande.

jueves, 5 de julio de 2012

Polos: A tiranía de Fred Perry

Nunca tocamos dende aquí a estética, cousa que se debe arranxar de inmediato.

Por todos son coñecidas marcas coma Fred Perry, Merc... é unha longa lista de roupa e modelos idénticos e repetitivos, con prezos abusivos nas tendas e con calidade bastante dudosa.

Dende aquí amosarvos algunha alternativa.

 No primeiro caso, no de FP o prezo coa calidade está xustificada ata certo punto.

 Na escena/movemento Mod ou como lle queras chamar esta marca é fetiche. Nin remontamos o porque, nin queremos. A día de hoxe (e dende fai anos) parece que a demanda desta prenda xa non só corresponde a modernistas, skinheads e anciáns en retiro dourado, un elenco de xente e diferente tropa ten acceso a unha prenda que co tempo acabará perdendo un significado, unha prenda que no caso dos polos chega a ser unha verdadeira tolemia. 

Prezos que non baixan dos 120€ por un anaco de un algodón de moi boa calidade todo sexa dito dito. Eu coma vós recurrín dende a Ebay, a segundas mans, a rebaixas no Corte Inglés ou mesmo e canseime. Só a día de hoxe caio na marca no que se refire a xerseis ou cardigans (unha rebeca de entretempo). 

Xa non falemos da falta de orixinalidade dos modelos que todos mercamos, ou de Polos ultrapetados en torsos apolineos. 

De Merc eu non me quero alongar moito porque non o merece, calidad pésima, prezos altos, de que dun tempo ata agora case parece que só fabriquen suadoiros, prenda que dende logo con ese nome non merece formar parte a ningún colectivo que non sexan futuros opositores a unha forza do estado.

Eu dende aquí amósovos algunha das posibilidades as que podedes optar :

Dende a man de Barcelona Breakaway tedes a vosa dispoñibilidade certos artículos coma os polos que son sumamente interesantes polo prezo e case non tanto por calidade, pero sen despreciala. Esta é unha tenda da que eu non teño queixa algunha, un bo trato e cercano.



Os polos da marca Pop son polos que o meu parecer, e o meu peto está d´acordo, representan pola súa forma e corte algo máis que un flequillo dentro dun laurel de algodón.

Son polos de algodón 100%, moi cómodos e máis próximos os cánones sixties. Como única pega que podo porlle é que o tallaxe, que é máis ben pequeno. Pero unha das vantaxes destas prendas é que se comportan bastante ben despois de varios lavados.

Por 60 euros mercas 3, e xa tes un fondo de armario bastante curioso, e ademáis os de manga longa
ben pódelos usar como camisero máis que polo. Todo ventaxas.

 A cuestión de todo esto é vestir elegante en tempo de crisis, e con este tes un dos exemplos máis claros.

Tamén dende aquí sinto predilección por

-Gabicci: 




 Penguin





Madcap e algunhas marcas máis caras.. Pero tamén de moi boa calidade.

 Algúns exemplos que podes atopar en Art Gallery 





A cuestión de todo esto é a de desmitificar Fred Perry coma se fose a Virxe de Lourdes e teñamos que ir todos en procesión cara o mesmo. Alá ti e o teu bolsillo.




martes, 3 de julio de 2012

Concertos: Powerpop Party no Liceo Mutante (Po) o 14/07




Dous grupos galegos que espero que disfrutedes, dádelle unhas oidas e xuzgade vós. Pronto dedicarémoslle o tempo que se merecen.






Pois iso, amigos destes ritmos. Deixovos o Bandcamp de TwinSets

lunes, 2 de julio de 2012

Momentos Musicais: Los Immediatos- Empty Streets



Video da canción do seu cuarto traballo 4 Tickets to Wonderland, video que se non me equivoco estrenouse fai un par de semanas en Toledo, podédelo desfrutar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.