jueves, 19 de agosto de 2010

Tuna Tacos- Alone (1996)


Gracias Patricia.
Que si yeyé, que si beat, que se garaxe, que dende Madrid chegan os sons de Tuna Tacos. Como ben se apunta nunha reseña, esta banda nace tanto do ritmo dos 60 como pola paixón pola comida Mexicana.
Sería no ano 96 cando a banda madrileña ficha por Animal Records, na cal publican o seu primer traballo, o cal veño a traervos.






Que atopamos neste disco?
A guitarra pide beat, e o teclado pide beat, a voz ó igual, 4 temas e unha pequena referencia cara ritmos de praia. E garaxe tamén, sobre todo no tema  Why do you Wanna go


E como banda cun son tan característico non poderían quedar na casa tocando, recorreron festivais e festivais, gravaron posteriormente os seus seguintes traballos, dos cales xa daremos renda solta cando chegue o momento, xa no o 2006 a banda sacaría o seu derradeiro traballo para posteriormente dedicarse a diferentes proxectos xa sexan os Imperial Surfers ou mesmamente tocando o organo con Los Imposibles. 
Xa sexan os seus temas instrumentais como os máis garaxeiros, a critica dos concertos ou reseña de éstos sempre puña nun pedestal a actuación dos madrileños.

En parte esto nace  no saber facer da banda para que os asistentes movan o cu. A verdade que esta banda sorpréndeme moito , sobre todo o disco de Shakin With The, dende guitarreiras pasándose de fuzz, a un son impresionante. Sen máis dilacións ...


Tuna Tacos- Alone (1996)

1.-Alone 2.- I Think I Love You 3.- Why do you wanna go 4.- I Don´t Mind

---------------------------------------------------------
--------------------------------------------
-----------------------------------------------
---------------------------------------------------------

lunes, 16 de agosto de 2010

Substitutos - Accept No Substitute(95)




Gracias Patricia.

Que sabemos de Substitutos?

Pois que é unha banda que chega dende Valladolid,  son  desas bandas españolas dos 90 que me teñen fascinado. Un grupo que vivía a toda velocidad, fascinados pola estética como eles din dos finais 70 e dos 80. E que practicaban un son moi español, o son que toda banda mod dos 90 pretendía chegar, moi parecido o son de Los Potros, tocando un Power Pop enérxico.


O único fin desta banda era unha descarga de son.
Será en temas como Uh! onde demostren realmente a súa valía.



Son os feitos, esta banda viu arroupada polas discografíca Animal Records e Bip Bip, como  detalle, debutaron co tema "De Costa a costa” no 93, canción que se convertería na sintonía do programa que Alex Cooper tivo durante uns anos na radio de León.



 
Sen dúbida o disco Canciones para Gente Sensible é un desos discos ó recordo, e sei que cando o suba ídesme dar a razón. Porque non facelo sería negar aqueles discos, aquelas bandas que imprimiron o seu caracter na escena mochi.

Disfrutade do que quede de Verán, quérovos ben.

Substitutos - Accept No Substitute

1.-Billete de Vuelta 2.- Dos Horas 3.- Uh! 4.- Dime 5.-Es por ti 6.- Mi Dirección.

--------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------------
  -----------------------------------------------
----------------------------------------------------------------------

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.