martes, 23 de julio de 2013

Felipop 2013



Queda poucas para que chegue dunha vez o Felipop 2013, e queremos ir falando un pouco, introducindo algúns dos grupos que aparecen no cartel desta edición, e claro, se queremos mentar a algún neste blog, farémolo nos Moonstones, Los Guajes e  Los Autonautas.

De Moonstones pouco temos que engadir que non se fixera xa, a facilidade de transmitir o fuzz no seu garaxe é tan plástica, que pódela palmear en cada canción. Foi coma un Boom, que un grupo formado en 2005 dera ese salta tan brusco e tan ben introducido nas redes sociais en 2011 coa entarda do seu Fuzz,Farfisa y Fiesta é polo menos para loar. Foron 14 temas que fixeron mover o esqueleto  a media Europa.

Se seguimos co garaxe, imos a Los Guajes, que enginmática banda, e que ben producido os seus anteriores traballos, veñen co seu Mujeres y Centollos facendo un aniño. Non son unha banda de garaxe estridente, nada que ver con Moonstones, outra forma de entender o rock&roll, o seu show de ritmo ao uso mezclado cunhas letras delirantes e divertidas, fan desta banda un motivo máis que grande para non perderse un directo, xa que prometen romper a algunha cadeira, e a vez sen dúbida, o seu único fin é que pases un bo tempo, e que eles o pasen mellor

Aos Autonautas querémolos polo Pop que realizan, se ben, ese son tan 90´s xa está máis que explotado, eles saben darlle unha segunda volta e traerche un traballo coma o seguinte:


Sen dúbida estas ofertas, xunto con The Barracudas e algún concerto máis, fan do Felipop unha opción a ter en conta, outro ano máis.

lunes, 22 de julio de 2013

Los Chavales- Asulado (2013)

Portada de Ramón Saleta( Ex Elephant Band... exWolrus....)


Volven Los Chavales, volven con novo disco, volven co mesmo e a vez con sons renovados. e como non volven a facelo ben.

O conxunto de beat-yeyé volve a entregarnos un 4 pistas cheo de ritmo, pero escoita, adeus quedaron as versións as que nos tiñan acostumados e volven con 4 temas propios, contando desta coa colaboración de Alexandro Gómez co teclado, instrumento que lles facía falta e que nos encanta atopar.

Temos un órgano que recorre de arriba abaixo temas como  Cien Años o Freno y Orgullo. Temas que se fan cun atractivo  beat máis propio de aquí  e o un garaxe limpo e sen estridencias que gusta a todos.

Por otra banda temos cancións lentas como Casi Nada ou Xa non Quedan Homes, nesta última atopamos a un Alfonso Espiño cantando en galego, a ver se a alguén lle recorda a voz a outro dos nosos artistas?.

Podedes escoitar o seu novo disco no seu bandcamp







viernes, 19 de julio de 2013

Outono Capitol Rock Festival 2013




Neste puzzle xa adiantamos o que será o cartel do Capitol Rock, cita que se leva a cabo en Santiago de Compostela. Temos ganas de rematar o verán?


Entre outras, destacamos concertos como poden ser o da incombustible Barbara Lynn , que non pasan os anos pola artista de r&b e xa sabemos quen enterrou que caixa en que encrucillada de camiños.

Outros artistas como The Limboos   nos que nos atopamos caras coñecidas como pode ser Roi Fontoira e Marcos Mascato de Phatom Keys , non nos alonxamos moito do son ao que nos teñen acostumados, quen non arrisca facendo algo que sabe ten todas as de gañar, non é?


Tamén destacamos aos nipóns de Osaka Monarail, un grupo de funk e soul, 9 músicos dispostos a que se non vos animades non o farán nunca. E se seguimos en sons por estes roteiros, non podemos non mencionar a Lefties Soul Connection, que o propio fan estos músicos polo público.

miércoles, 3 de julio de 2013

Recordade, 1º Instant Party: 60´s Mod Weekender ¡ESTA FIN DE SEMANA!



Queda uns días para que se celebre o Instant Party en Coruña, e vós tedes xa feito os pertinentes trámites para acudir a esta cita ineludible que inclúe concertos, pinchadas e sobre todo moitas risas ?

Todo isto a un prezo inigualable nunha cidade inigualable.

Tedes máis info só con clicar aquí e aquí

lunes, 1 de julio de 2013

Tomé Shoemaker xa ten páxina web!

A madrileña tenda de botíns Tomé, despois dunha ardua loita polas redes sociais onde se fixo querer dende o seu fanpage, que podedes visitar facendo clic aquí, xa ten páxina web para que realicedes as vosas compras dende a comodidade da casa. Hoxe coñeceremos o resultado das semanas de traballo incansable.

www.tomeshoemaker.com

Agora só tes que agardar a que estea operativa e comezar a encher o teu carro cos diferentes modelos de chelseas que ides a atopar.

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.