miércoles 18 de enero de 2012
sábado 14 de enero de 2012
The Shake -Try to Get Ready
![]() |
| gravado no 2008 no Colcut Studio |
Foi en setembro de 2009 cando falamos por primeira e derradeira vez da banda de Almería, acordádevos de The Shake, aquel grupo cun primer traballo (trippin' the whole colourful world do 2006) incrible, enserio, acordádevos de temazos como Oh No! ou Can´t Flight Your Love?.
Non? vale, mellor esquecédeo todo, claro que está relacionado, pero nada daquel primer disco con temazos entre o R&B, garaxe e a psicodelia, e cincocentas dúas etiquetas que lle querades por, da man dunhas guitarras, miña nai que guitarras, que enerxía aquel disco, aínda agora me estremezo o recordalo e sígoo a escoitar moi a miúdo...
Pois ben, como dicía esquecédeo todo, esta quizás sexa outra historia.
![]() |
| Miguel Angel Calabuig |
Nace esta unión coa discográfica despois de andar os bandazos tentando colocar o producto, que vós pasa? en que momento ninguén quere producir o segundo traballo de larga duración da banda coñecendo os antecedentes? enserio, que vós pasa?. O final esto ten un bo final, sería a discrográfica cacereña a encargada de que o proxecto chegue os nosos oidos.
A banda tivo variacións da súa formación dende o primer traballo a este, xa que só repiten neste LP Alex L. Pierre o baixo e Miguel Angel a voz principal e guitarra, entrando a batería Jose Luis á batería e Juan Luis á guitarra, ademáis de un trio de metais,harmónica...
E sen máis pasamos a un disco formado por 10 temas, comeza cun Bring Some Lovin, sí, é o que parece, e tocado cunha guitarra moi fuzz, e cunha enerxía moi propia do grupo, Unha versión moi fresca e gardando esa paixón polos sons sixties que tan promociona cada un dos seguintes 9 temas do traballo.
De que máis queredes que vos fale, que sí, que aquí conxúgase moito pop,moito garaxe, os temás máis rimánbluseros-garajeros brancos con harmónica e todo son incribles, temas como It´s for You. Se me tivese que quedar con temas elexía Don´t Put Your fingers on my Girl ou mesmo temas como Rescue me, un tema pop moi limpo e xenial, ou o homónimo que lle da título o traballo. Dende logo non se fai nada parecido o desta banda
The Shake- Try to Get Ready
1.-Bring Some Lovin 2.-Try to get ready 3.-Rescue me4.- Same on you 5.-Don´t put your fingers on my girl 6.-When you stole the sun 7.-Give a Guarantee 8.-Love got no Memory 9.-It´s for you 10.-Anoter Girl
----------------------------------------------
-------------------------
------------------------
--------------------------------------------------
viernes 13 de enero de 2012
Los Glosters - Discos Olvidados, adquirídeo.
Xa podedes adquirir o novo disco dos Glosters, por 15 euros camisola e mini LP cos 5 temas,
Perdoade a tardanza. Non podo falar máis do disco, porque aínda non me fixen con el, en canto o faga, xa vos comento.
Un saúdo.
Perdoade a tardanza. Non podo falar máis do disco, porque aínda non me fixen con el, en canto o faga, xa vos comento.
Un saúdo.
Escoita ti, e comenta ti. The Phantom Keys- The Real Sounds of...
Dádelle duro o novo disco dos Phantom Keys
http://thephantomkeys.bandcamp.com/album/the-real-sounds-of
Todo queda na casa, os engadidos a formación temos á armónica a Bufallo Vall ( Fran Martínez) e Fernando Villaboy (ex-Elephant Band e un montón de proxectos máis) ó órgano. O disco pódese atopar ou pedir en Bloodymary, Muster e No Tomorrow.
Vaia discazo rapaces, vaia discazo teñen entre mans.
http://thephantomkeys.bandcamp.com/album/the-real-sounds-of
Todo queda na casa, os engadidos a formación temos á armónica a Bufallo Vall ( Fran Martínez) e Fernando Villaboy (ex-Elephant Band e un montón de proxectos máis) ó órgano. O disco pódese atopar ou pedir en Bloodymary, Muster e No Tomorrow.
Vaia discazo rapaces, vaia discazo teñen entre mans.
jueves 12 de enero de 2012
Los Inmediatos - Third Time´s the Charm
Perdoade, o nadal o nadal, e as cousas que pasan alonxáronme un pouco das miñas responsabilidades, outra vez, pero xa estamos aquí de novo.
De como empecei a escoitar os Inmediatos xa creo que teño falado, e refalado, neste blog falamos dos seus dous anteriores discos, moitas escoitas lle estou dando o 4º traballo "Four Tickets for Wonderland", e moitas aínda a día de hoxe lle dou a tódolos seus traballos, sobretodo a este terceiro que vos traio(recoñezo que me emociono ó ver o cantante, Jartur, por Ourense no nadal, non digo nada, pero fago hihihihihi coma se fose unha colexiala).
Sorpréndeme como xira e xira esta banda, de concerto en concerto, moitas horas de viaxe, de como o Beat e Pop que conxugan por partes iguais chega a máis xente da que penso, os concertos que teño asistido me remito, aínda que sexamos poucos, sempre moi fieles a movelo corpo.Claro, sobra dicir, o son Sixtie, eso por suposto, sendo fieles coma sempre e deudores a estos sons, ver Renacerá, versión dos Brincos
Dende logo non vos vou aburrir de que clase de estilos hai no disco, que si garaxe, que si xa os citados, eu o que sei, o que atopo aquí é un disco moi enérxico, esta banda tenche que entrar polas orellas, quizais se faga un pouco dificil se acabas de coller este traballo e se de pouco ou nada coñeces a traxectoria. Será eu que noto un punto de inflexión da banda, quizais sexa un traballo menos "guarro", e moito máis limpo, onde ademáis dun hammond bastante atronador , unas guitarras o son do Fuzz e os temas en castelán e inglés indiferentes, son de igual calidade, dándolle o traballo outra pinta.
Sen máis disfrutádeo.
Los Inmediatos - Third Time´s the Charm
1.- Another Story 2.-Having a Look Around 3.- Monday Morning Girl 4.-Baila Conmigo5.-My Mind In Bed 6.- Renacerá 7.- Viaje Interior 8.-They're Gonna Have Fun 9.-Lies 10.-Si tu te vas 11.-Bad Boy 12.-Summer Shakin´
-------------------------------------------------------
------------------------------
-----------------------------
--------------------------------------------------------
martes 20 de diciembre de 2011
viernes 25 de noviembre de 2011
concerto día 18 de Decembro Coruña
Os enormes Combo Dínamo na sala Baba Bar en Coruña, por 5 eurerss
Concertos día 6 de Decembro Pontevedra
Se non vas ata Coruña a ver os Toaster, telos en Pontevedra na sala Karma por 15 euriños
Stanley Road- Clash City Cooters
Eles defínense así:
"Power-Mod-Punk-Pop trio nacido en Asturias en 2003,afin a la escena Mod habitual de concentraciones y saraos de toda índole.Comprometidos con todo lo que defienden compusieron canciones de critica inteligente como "This is Spain","Nothing´s Gonna Come",himnos mods como "Sex Mod & Punk" o "Street Fighting Mods",canciones patrias "Mieres-Bridge",de amor y desamor "An Evil Shot Of Love" y mil mas...en junio nuevo E.P en el mercado con 4 nuevas canciones!!!!"

Iremos por partes, nados en 2003, en Mieres(Asturias) se non me equivoco cuna de outras bandas como por exemplo os La Ruta. Forma este trio Sabino a guitarra e voz, o baixo Chus e a batería Pablo Álvarez.
Esta banda practica uns sons que a (case) todos nos gustan, Atoparemos neste traballo seu que son moi similares a outras banda patrias, unha enerxía que é moi propia dos nosos grupos.
Sí os tíos chegan e plantan un EP (este ano) con catro temas que son puro nervio e fai unha semana se non me equivoco viaxan a Madrid e teloneando os veteráns Squire, "ahí en ná".
Pero non é de crer que esta banda apareza da nada, de feito os seus membros están en todo "sarao" que se precie.
En 2006 graban os seus primeiros temas pero por motivos xeográficos a banda ten que tomar un descanso para volver pola porta grande.E tan grande. Porque chegan e plántanche o "This is Spain" un temazo de puro Punk in Parkas.
E claro escoita
E dime que non gusta, o son recórdame moito a do scataláns Lost Men Service(que máis non se supo deles), se pechos os ollos paréceme estar escoitándoos. Gardan relación polo seu son, un son moi daquí. Parécemo a min, claro está... Debe ser cousa das gravacións ou imaxinacións miñas.
Desta vez a banda non lle vai nada mal 4 anos en inactivo para volver a subirse os escenarios, xa teñen media europa conquistada polo eléctrico dos seus temas,
Cunha temática Mod, un son feito por Mods, unas letras nas que nos falan desa velocidade hora de vivir preséntovos o EP, que eu non subín e atopei.
Stanley Road- Clash City Cooters
1.-Street Figting Mods 2.-Forever Young 3.-This is Spain 4.-Nothing´s gonna come
Un saúdo.
-----------------------------------------------------
------------------------
------------------------
------------------------------------------------------
martes 22 de noviembre de 2011
Los Selenitas -Nuevo Artefacto Sonoro (1998-99)
![]() |
| portada e contra de Gonzalo Cutrina |
Os Selenitas nacen no ano 1996, como antecedente desta banda temos os Sunglasses, un grupo do que xa falaremods noutro momento. Nado este proxecto da man de Marcel Cavallé á guitarra, á batería César Villalba , Carlos Cross ó baixo ,e Carles Cagigal ó órgano.
E como non a vida desta banda nace na búsqueda e paixón por uns sons orientados a ese pop 60´s a uns sons psicodélicos entrelazados cuns arreglos nos que non abandonan de todo os feitos pola súa anterior formación. Claro que a evolución nas letras e que Carlos Cross toma o mando da voz, fai que a banda evolucione ata o traballo que vos traio. Sen que quepa comparación do feito ata o ano no que publican este LP.
Danse a coñecer a una maqueta e un single co que lles entraría polo oído os que disfrutasen dela, esa maqueta abriríalles a porta para aparecer nun recopilatorio co tema "Nunca Suele".
Todos os seus temas serían recollidos ata este momento nun recopilatorio chamado "Ansia de Color".
Poñémonos xa no ano 97 e a banda gravan o seu primer E.P. co selo Subterfuge Records, un traballo onde se inclúen 4 temas, grazas a este virían as xiras e concertos por festivais como o Purple Weekend e nas diferentes salas como Apolo, Sol...Chegamos o ano 98e a este LP, o grupo decide autoproducirse, e para elo diríxense os estudos hojalata. E traen a este mundo o disco Nuevo Artefacto Sonoro, con 12 cortes moi moi recomendábeis(non sei se se escribe así, pero non traballo na RAG). Póñense mans a obra pese a inminente marcha dun dos seus integrantes, Eloi Caballé, batería a este momento. Aínda así vería a luz no ano 99 coa formación que o iniciou. Posteriormente entraría na banda César Villalba ós pratos.
Sen máis o que hai no disco, o que podemos atopar. Ufff que complicado, cantísimos sons hai neste traballo, tes un pop, onde órgano leva as de gañar,e moito. De feito confírelle un son moi único, un son que despois sería explotado por moitos grupos máis actuais, ou quizás só sexa o que eu penso, proba de esto xa só Los Años que Nunca Volerán, un tema tan pop ou máis como Remordimiento nº 4, este tema é un dos meus preferidos, de feito téñoo trillado... Arreglos algo psicodélicos en temas como en Otoño.

Eu coñecín ós Selenitas nun recopilatorio de Subterfuge se non me equivoco, recordo que foi o tema El Artista Multimedia, un tema que non me gustou nada dende un principio, volvín a darlle as súas oídas co paso do tempo e sí, xa chegar a apreciar moito máis o real son deste pedazo de grupo, pero sigo tendo as miñas reticencias cara el. Foron temas como xa os citados e Silly Girl os que máis me atrairon a banda. É un disco de contrastes, sobre todo esa canción que ven despois de Silly Girl ven a lenta Algo entre los Dos, un tema no que podes disfrutar dunha guitarra moi cálida, un tema para quedar quedo, un tema tranquilo na marea de sons para chegar o tema odiado.
Ba, non vós dou máis a lata co tema.
Tomade e disfrutade.
Primeiro escóitao en Spotify
Los Selenitas -Nuevo Artefacto Sonoro (1998-99)
1. Los Años que Nunca Volverán,2. Cerca de ti,3.Remordimiento nº 4, 4. Camaleón,5. Silly Girl, 6. Algo entre los dos, 7 El artista multimedia, 8.Un hombre nuevo, 9. Otoño,10. I fram on you, 11. En mi habitación.12. El Sueño del Pulpo Alienígena.
-------------------------------------------------
-------------------------
-------------------------
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Benvido
Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.











