Só escoita, unha vez e verás que lle pasa os teus pes.

Neste grupo podes atopar músicos que proveñen de bandas como The Loveless Cousins, The Phantom Keys, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Ttrashtornados...
A banda formado nun 90% e un 10% por músicos galegos aparecen no panorama cun LP cargado de auténtico gusto pra toda a familia.
A banda dende un comezo(formada por Néstor e Roi que andaban xa a argallar nas súas cousas) non se constituiría nos ritmos negros, os artífices , tendo en consideración os antecedentes e o son de éstos, farían de Néstor (vocalista) e Roi (como guitarrrista) emprender un proxecto encarado cara o r&b máis branco... pero que pasou? unha reviravolta e unha mezcla de color lle deron o impulso necesario para que a banda decidise deixarse de caralladas, e lles dese por tinguir o son.
Os saltos estilísticos andan entre o Swing, o r&b, moi afastado dese son máis "guarrete e simple" como un dos membros indica.
Será quizás un saxo o que corone a banda, ou quizás sexan as súas guitarras. Ou a incrible voz a que configure o ritmo que necesitaba a banda.
Dito conxunto para atopar o seu son decide ir a grabar este traballo a Berlín, nin máis nin menos que a Estudios Lightning Recorders.

Se tivese que expresar o que penso da banda é que este traballo merece moitas escoitas, para sacar del ese detalle da guitarra, o saxo que se expresa libremente por tras das cordas. Moi maduro, un traballo con un son moi maduro e moi moi recomendable, non tiven dúbida a hora de poñerlle a todos os meus amigos o Lefty Brown, tema que corona o disco sen dubidalo, pero sen desmerecer outros temas como Swing Brother, o Coal Miner antes mencionado.
Eu ca ti aforraría e faríame coa súa correspondiente copia en
http://www.grabacionesdeimpacto.com/
Ou ben escoitalos no Spotify
Eu, entrementras póñovos o disco, o cal non subín, de atopar algunha queixa a esto, facédemo saber o meu correo hammond_lover@hotmail.es e perdoade as molestias
The Allnight Workers - This Only Happens Once
------------------------------------------
------------------------------
-------------------------------
----------------------------------------------
Do mellor do producto galego!!
ResponderEliminar