
The Teenagers son de esas bandas patrias que estremecen o escoitalas, non solo pola súa calidade, senón porque expresan o soul dunha forma tan convincente que asusta.
Dise no mundo das etiquetas que é un grupo de Northern Soul de Granada, certa contradicción polo feito das coordenadas, pero eu asumo e calo.
E din eles mesmos que entre a súas bandas predilectas e que máis inflúen atópanse nomes como The Tempations, The Vandellas, Laurel Aitken, The Four Tops, Stevie Wonder, Derrick Morgan, The Marvelous, PP Arnold, Rod Stewart, Gino Washington... entre moitisimos outros. Nomes os cales chegan a considerar deuses, ídolos ou mesmo heroes.
Tres Euro Yeyeses as súas costas, pronto se di xa que esta xente podese dicir que coñece cada escenario como se da súa familia se considerase. Coñecéronse e deronse a en rallyes, Scooteradas, festivais, concertos, nos bares supoño...
Compartiron nunha desas escenarios con Mr. Determitation, Dean Parrish , que xa é dicir... "mi má", cando a envexa corroe penso neste grupo, quen me dera ter algo así, sobre todo no seu tema de I Don´t Know onde as palmadas dan paso a un ritmo... que ritmazo mi ma. A canción que prefiro desta banda sen dubidalo é Mess Around, paréceme un tema tan tan pinchable en calquer evento que se por min fose sería do track list os primeiros.
Si, porque cando o ritmo ataca... ataca de verdade.
De eles so vou propor uns temas que recollín nunha humilde carpeta, máis que nada a unha banda coma esta non lle podo facer o feo de subir un traballo enteiro, polo menos escoitades uns temiñas e xa se eso... elexide vós que ides facer despois. Eu mercario(así fixen) o seu traballo.
Al Supersonic & The Teenagers (temas elexidos por min)
-Follow your love
-Let your yeah be yeah
------------------------
--------------
Al Supersonic & The Teenagers
-------------
--------------------------