viernes, 2 de abril de 2010

The Homens- Cuarta Potencia (2010)

Son 4, son de Compostela, teñen camisetas de raias e un discazo.



Volvo a repetir o dito, teño resaca.


Disco producido por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy...) como di no seu myspace. E editado polo selo santiagués Lixo Urbano, selo que comparten con Samesugas e os Novidades Carminha, grupos que recomendo.

Cuarta potencia, debe ser porque agora son 4 no grupo rompendo o triángulo máximo dos compoñentes dun grupo de Power Pop. Incluindo un órgano e algún efecto que sen dúbida lle da o seu atractivo.

Debe ser por que tamén é o seu 4 traballo, afeito a escoitar e reescoitar os anteriores discos un pouco de novidade ía sendo necesaria, e chegan, e chegan no 2010 cun disco que dende o meu humilde punto de vista de bloggeiro recolle como non os mesmos sons os que me tiñan afeito sen defraudarme.









Dende un baixo  que sen dúbida atronará nos concertos cun ritmo asolador e co son da Rickenbacker, ese son o que só esa guitarra posúe e quen sabe tocala exprime e exprime.

Atopas neste disco o son do Punk Americano e as melodías máis pop se poden facer en Galicia. Os temas que eu recomendo deste disco son Tigre,Tigre, Costra BravaA Liña Verde e Nada está tan alto. A súa gracia redide en cultivar estos ritmos e por cultivalos en galego. Quizáis me roubasen o corazón, sobre todo o disco 3 ,cal recomendo e tedes a descarga neste blog, certo que me rouban o corazón e máis por usar o idioma nai, e ademáis por outorgar o disco na descarga directa dende a súa páxina.


The Homens - 4 Potencia

1.- Perfecto, 2.- Tigre Tigre, 3.- Crocanti, 4.- A liña Verde, 5.- Fanny Mae, 6.- Rei Azul, 7.- A la Guillotine, 8.- Hamster, 9- Costa Brava, 10.- Nada está tan alto, 11.- Alba Nuclear, 12.- Non é o final, é o principio


 

 -------------------------------
----------------------
--------------------
-------------------------------

ULTIMA NOVA DENDE FONORAMA

Este domingo 4 de Abril sonarán y serán entrevistados en fonorama a partir de las 9 de la noche:

Non vos perdades a entrevista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.