lunes, 3 de mayo de 2010

Dr. Calypso - Toxic Sons


 O outro día, cando fixen a "reseña" autobiográfica dos Skatalá mencionánronse nos comentarios esta banda.  Eu aínda recordo escoitando María ou Plan Ten unha e outra vez... e sempre se anima o corpo.




Con pelos e sinais a banda catalana nace o 18 de Abril de 1989,   un conxunto formado por amantes dos ritmos xamaicanos, como o Ska ou o Reggae,  debutando no 1º ReggaeSunsBoiPlash.
Esta banda debutaría co nome Dr. Calypso & The Barcelonians  tocando versións dende Prince Buster ou pasándose o 2 tone da man dos Specials, The Beat...





Un ano despois a banda tería a honra de facer unha Jam Session co mismísimo Aitken.

A gravación das súas primeiras maquetas chegarían no ano 1990, as xiras, concertos e máis concertos, saíndo incluso do estado chegando a Suiza e Alemana.
No 91 coincidirían en xira con Negu Gorriak e entrando nun circuito un tanto polémico. Aínda así fóra dese grupúsculo tocarían , compartindo escea, co Inmortal Rufus Thomas  e os Selecter no festival BLUES & RITMES.

 

E siguen os anos ata o 95 onde gravan por fin María nos estudos La Báscula de Barcelona. No 96 irrumpe o disco que traio, Toxic Sons,  saíndo aínda máis das froteiras catalanas, onde seica o número de concertos foron bastantes e as veces excesivas as súas participacións en festivais.

Unha banda que ten como única motivación a aregan a festa, os sons e o ritmo, sen dúbida unha festa, gusto no seu concerto. Sen dúbida.

Dr.Calypso- Toxic Sons
1.-Plan Ten,2.-300 Milions.3.-Gordo,4.-Júlia,5.-Kaspa,6.-Try me (one more time),7.-The power of the latin soul, 8.-Sense sostre,9.-Camí Fàcil,10.-Not uderstanding.11.-Reggae lovers ,12-Neon Lights

 -------------------------------------------------------------
-----------------------------------------------
---------------------------------------------
------------------------------------------------------------------

1 comentario:

  1. Unha das primeiras bandas de ska que comecei a escoitar, fai algúns anos xa. Grandes recordos.
    Unha aperta!

    ResponderEliminar

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.