Un disco no que atopamos o de sempre, a figura, a voz e todo o que nos gusta de Cooper.
As súas guitarras características, as letras, esas letras influenciadas polo seu ánimo, a súa forma de velo seu propio universo, algo que se nos fai moi común a todos os poplovers. De novo a explosión de pop no teu tocadiscos.
Se me tivese que quedar cun tema, son con esos que tanto me recordan a Teenage Fan Club, esos temas con guitarras distorsionadas, cando pasan a un son limpo que recordan a aquel Buzo, tema polo que sinto predilección.Neste disco refírome a temas como Primer Día,Carrousel ou Cortometraje, cun comezo rotundo. Despois o tema de Alicia que simplemente é un tema máis de Cooper con nome de muller.Esos temas máis lentos e que prestan nun día de café e cigarros vendo chover , e sen facer máis que disfrutar desas cancións.
Xa o podes escoitar en Spotify
Cooper- Mi Universo
------------------------------------------------------------------------------------------------------------
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Moitas Gracias ou non por comentar