martes, 4 de septiembre de 2012

- Bang 74, unha de versións !




Aproveitando que os de Rufus Recordings puxeron descargas gratis pois aproveitamos para falar do grupo ferrolán Bang 74.

Se ben non comezaron como trio, senón coma un quinteto, sería polo de sempre, o clásico "eu quero facer esto, e eu o outro", como quedaría a formación pechada da man de Cris Veiga, a voz e guitarra, Fran (batería) e Óscar Millarengo (baixo).





Bang 74 no Liceo Mutante(Pontevedra)
Todo o que temos que falar sobre o grupo atópalo nas súas cancións, se escoitas Keep On Trying incluido no seu primer traballo pois xa te fas máis que unha idea, máis que ter que andar destripando parecidos sonoros, etiquetas e demáis falamos do que nos importa, a súa música e deste traballo de versións.

A enerxía do trio é evidente, número redondo para este estilo. Xa me diredes vós que trio de powerpop nacional ou estranxeiro non é bo? 

Volvendo o que nos interesa, o grupo(todavía como quinteto) saca no 2006 o seu primer EP no que vai incluido o tema antes mencionado, o pepino de Keep On Trying (lamentablemente deixaron de tocar, xa que a paternidade non era súa). 

No 2009, xa coa formación coa que siguen xirando, sacan o traballo con 5 temas Three Kids, todo facía presaxiar que coa salida dese traballo o grupo seguía a busca do son máis enérxico que estes ritmos pódenche dar, todo tamén provén dos antecedentes e dos gustos de cada un, se ben os irmáns Millarengo tiñan o oido posto no punk-rock serían na conxunción deses sons co do pop onde resida a graza do grupo.

O "dichoso" high energy queda patente, pero quedámonos curtos. Non poderíamos avanzar no seu son se nos  quedásemos con iso, hai moito máis, moito máis son de guitarra, forza e ganas, recalcamos que este grupo neste son é do mellor, xunto os Twin Sets, que temos por aquí. E énos de vital importancia que os mimemos ben.

Con Rufus Recordings temos estos dous temas, un traballo de dúas versións, ó mellor non flipas coa potencia que ten a intro do tema de The Now  de Can You Fix me Up with her, atrévete a dicir que non gustas de esto :


A primeira vez que oimos esta versión quedamos prendados da banda, e claro, despois o seguir escoitando pois aínda máis.Tamén inclúe You don´t Love me Yet de Roky Erikson, duas interpretacións incribles, dende aquí desexamos que saquen máis, e sempre a mellor.


-Bandcamp de descarga dos dous temas 




Os tracklist e portadas dos seus dous traballos

http://lafonoteca.net/grupos/bang-74/discos

e o seu perfil de Facebook onde lle podedes dicir guarradas, ou o que queirades:

http://www.facebook.com/bang.setentaycuatro?ref=ts



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.