jueves, 6 de diciembre de 2012

The Por Ella Runners, facéndoo realmente ben

Cando Salva, membro dos The Por Ella Runners se puxo en contacto comigo nunca pensei que a única condición que me porían sería facer esta reseña en galego,de verdade non me cansarei de dicir que esta banda está formada por moi boa xente, e sei de boa sobra que eles querrían que fixese esta entrada tal día coma hoxe.

 Tamén cando recibín un paquete de La Vall d´Uixó (Castellón) sentín a obriga de destapar o que sinto co son desta banda. E a miña gratitude por eles.



A banda xerminal nace no 90 baixo baixo o seu anterior proxecto Los Orenga, un grupete de amigos de instituto con instrumentos onde tocarían versións coma tódolos que comezamos, pero serviría de plataforma para o que viría despois.A banda pasou sen pena nin gloria, no seu repertorio terían desde versións de The Who a dos Jam pasando polos seus propios temas que eles non se cortan en catalogar como cancións surrealistas. O peso da responsabilidade cae sobre a banda, dunha forma discontinua compatibilizan as súas responsabilidades educativo-laborais cos ensaios.

En 2005 refúndase a banda  e volven os ensaios, desta vez podemos falar que Los Orenga desaparecen para deixar paso a The Por Ella Runners e nos bendecimos esa gloriosa volta. Ata o o nome ten unha curiosa anécdota detrás.

A banda autoedítase en traballos como  Très Bien,doucement e What Can i do If i was Born  (disco que estou escoitando agora mesmo, vou por I Wanna Be Loco).

Un disco de Powerpop moi bo, enérxicas guitarras e ritmo, moito ritmo, se algo me atrae profundamente desta banda é a voz.

 Unha voz aguda e que se che queda na memoria, dalle auténtica enerxía a banda, é fresca e salvaxe, sen complexos.

Deixanos temas como Real Cool Fan, ou The Rubinoos Took my Baby Away. Para min este disco é unha clara e indiscutible mostra da seriedade da banda e do seu bo facer, bo facer que se plasmaría por outro lado no traballo polo que eu sinto fetiche actualmente. O único malo que lle atopo a este disco é a autoproducción, quédase curta, esta banda ten moito potencial, e refírome claro a voltaxes que faltan.

O disco que non me canso de recomendar é o seu Sufer Powerpopers Aussie Teenagekickers , que barbaridade.



Cando escoitei por primeira vez o tema homónimo quedeime en babia, eu quería ter unha banda así, quero que o son do meu grupo sexa tan incriblemente descarado, que sexa esa voz a que me anime a seguir levantando o puño nos directos, quería que ese pontencial me dese na cara en directo, unha auténtica hostia de powerpop o máis salvaxe expoñente.

E cando puden escoitar o resto do disco a reacción foi crecendo e crecendo, guitarras ó surf intercaladas cos riffs más puros do arrebatismo punk e pop.

Comeza o disco con It´s April Again, volvemos a insitir, tíos, que barbaridade, eu emocioneime porque facía tempo que non atopaba un disco no que tódolos temas me fixeran andar e querer coller a raqueta de badminton para facer o parvo no meu cuarto, sabemos que todos o facemos, a rabia xuvenil dun grupo que salvo polo seu guitarra só teñen de xuvenil o espíritu salvaxe para seguir compoñendo e facernos flipar. Pero como poden facer dunha simple festa de cumpleanos unha canción que che faga desmadrar, como pode ser ?

Pois está claro, o que diferencia a esta  banda e que acaban de sacar un melocotonazo de disco sen querelo, a súa única ambición e facer o que lles gusta e facelo ben, é o  "non sei que" que diferencia un grupo de outro. Non creo que esta banda a hora de gravar temas como Waiting for Some Action, Crazy Little Pony,The Mojomatic State ou canción que lle da nome o disco quixeran algo máis aló de contar as súas historias, as súas vivencias o seu modo.

Sexa como fora o que está claro que quero velos en directo, quero que esa contundencia me de en toda a cara.


Non sei que pasa nas provincias limítrofes co mediterráneo... tivemos claras mostras das mellores bandas do pao como foron os Art School de Murcia, os Lost Men Service e PennyCocks de Barcelona


O seu Bandcamp 
E a súa páxina de Facebook




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.