viernes, 28 de junio de 2013

Al Supersonic & The Teenagers - It´s Alright



Cando podes escoitar completo o novo disco de Al Supersonic & The Teenagers atópaste no paro, e sabes que? dache todo un pouco máis igual, xa que un disco feito con tanto mimo levántalle o corpo a calquera.

Outro produto dos granadinos Al Supersonic, e por detrás a man de Mike Mariconda, desta vez non se foron tan lexos para gravalo , xa que entre Málaga nos Hollers Analog Studios en o Circo Perrotti de Asturias viu a luz este disco, esta maravilla do soul que sae da man de Unique. O pequeno reduto para aqueles que nos gusta o son que move as canillas...


E outro disco que podes degustar no seu bandcamp . O It´s Alright non é unha novidade, e máis do que nos ten afeito este grupo, é unha continuación da súa carreira centrada no soul, e únicamente no soul, non atopamos sorpresas, pero quen as necesita tendo un disco así?

Temas como I'll Always be There, Scandal Marketplace, Under Construction ... fixéronse para ser bailadas, desfrutadas só e sobre todos en compañía.  Este disco inclúe a canción Paint Yourself in The Corner, unha creación que se fixo unicamente para o disfrute dos máis bailaríns.



Bah, e basta de cháchara, disfrutade do seu disco completo






Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.