
Outro grupo Galego dos que molan.
The Homens paréceme a maior aposta do Power Pop en galego que existe e existirá por sempre, un grupo con letras contundentes, o rickenbacker sona e sona dándolle o ton a música, dame ganas de bailar e bailar.
A súa música está chea de bo ritmo e de verdades como puños, que para mentirosas aquelas mulleres que fan dano. Os Tres, só estes tres homes fan o rimo e gustanme en directo, sinceros, só eles, as súas camisetas de raias, os pantalóns negros e a súa música, o máis importante a súa música.
Recomendo moitisimo este disco. Recoméndoo mercalo!.
Non sei, vinos en directo 3 veces, os seus concertos e o prezo das súas entradas son cousas que comparo, a calidade prezo creo que está infravalorada, ben pagaba 10 euros por velos e non 3, Señores!!! que debedes ser das bandas de Pop en galego máis importantes do momento! E a humildade do grupo é xenial. A banda definitiva.
The Homens - Tres
01 - Calamar
02 - Cen días
03 - Mr. Vai Mal
04 - Monumentos
05 - Mira por ti
06 - Opositora (só no disco)
07 - Monte Moriah
08 - A bolsa de Tokio
09 - Dance the troita (só no disco)
10 - La Colombière
11 - Prende o sol
Pódense descargar os seus temas dende a súa páxina personal. Clicas e gardas.
-------------------------------
----------------
The Homens - Tres
---------------
--------------------------