lunes, 15 de marzo de 2010

Novo cd /lp dos galegos The Homens



Cuarta Potencia é o novo traballo dos señores compostelanos The Homens, disco producido por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy...) como di no seu myspace. E editado polo selo santiagués Lixo Urbano, selo que comparten con Samesugas e os Novidades Carminha, grupos que recomendo.

Cuarta potencia, debe ser porque agora son 4 no grupo rompendo o triángulo máximo dos compoñentes dun grupo de Power Pop. Incluindo un órgano e algún efecto que sen dúbida lle da o seu atractivo.



Debe ser por que tamén é o seu 4 traballo, afeito a escoitar e reescoitar os anteriores discos un pouco de novidade ía sendo necesaria, e chegan, e chegan no 2010 cun disco que dende o meu humilde punto de vista de bloggeiro recolle como non os mesmos sons os que me tiñan afeito sen defraudarme.

Dende un baixo poderoso, que sen dúbida atronará nos concertos cun ritmo asolador e co son da Rickenbacker, es eson que esa guitarra só posúe e quen sabe tocala exprime e exprime.

Atopas neste disco o son do Punk Americano e as melodías máis pop se poden facer en Galicia. Os temas que eu recomendo deste disco son Tigre,Tigre, Costra BravaA Liña Verde e Nada está tan alto. A súa gracia redide en cultivar estos ritmos e por cultivalos en galego. Quizáis me roubasen o corazón, sobre todo o disco 3 ,cal recomendo e tedes a descarga neste blog, certo que me rouban o corazón e máis por usar o idioma nai.



Recomendo facervos co LP da banda porque merece moito a pena,  12 Trallazos guitarreiros coma solazos ,que me encantan, se ven é certo que as veces rozan o estilo musical imnombrable neste blog  pero seguen dando caña.

O seu Myspace para que escoitedes os temas  novos

The Homens Myspace

Tamén se tedes Spotify poderedes escoitar o novo disco enteiriño, asique tamén é de recomendar.

2 comentarios:

  1. Verdaderamente, un disco y un grupo excepcional por múltiples razones, incluida la idiomática, pero sobre todo por esa energía que descargan en todos y cada uno de sus temas.

    Un saludo
    Àlex

    ResponderEliminar
  2. Me gusta bien el disco, pero yo me quedaria con Hamster.
    :)

    ResponderEliminar

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.