domingo, 7 de marzo de 2010

O día 6: Crónica dunha resaca anunciada.

 


As noites as veces sorprenden, baixas do tren, o día acompañaba, apetéceche, a gorxa cho pide, e a noite, reencontros, bos e indiferentes.

Según foron chegando, ( moi ben acompañado por Vanessa, Caco...), o artífice de tal evento, o Señor Mille fíxonos merecedores do seu "Circuliños" aínda o teño que ler... que me perdoe, pero neste estado todo o que supoña un esforzo físico representa un imposible, non me ía acordar de nada os 10 minutos.

Aínda así síguese apreciando cando alguén ben ou mal gasta o tempo en sacar algo escrito pola seu "puño e tecla". UNHA, DUAS, TRES, CATRO CERVEXAS, claro a amabilidade saliunos dos petos, queriamos ser artífices de rondas e máis rondas, os prezos acompañaron, o alcol tamén, o bo ambiente, conversas:

Falouse do que se fala, soul, reggae, algo de punk creo recordar,  das ganas de ir o baño, falouse tamén de mulleres tanto parcial como completamente, sempre se falou de tetas, discos, motos, cousas de ben... reflexións sobre a existencia en sí do MOD con Serxio entre outros temas.

Bailar era imposible,acumulación de xente, sen espacio tentar mover os pes era imposible, e aínda así, na miña humilde opinión os ritmos non fallaron. From Vigo With Love a  Néstor, que sabe conxugar o rare soul dunha forma moi envidiable, e se se marca un temazo da Chess déixate coas bragas baixas. Jaco foi en xeral serrucho tras serrucho e Roi ademáis de ser unha persona moi amable, xa que me deu permiso para por un par de temas do seu grupo, The Phamton Keys, foi o rei absoluto os pratos...non sei como explicalo...
alucinante.

Se nos queixamos da ausencias tamén nos queixamos do exceso de xente. Que non se diga.

A festa rematou e eso xa foi apoteósico, imaxínadevos estar con 13 Skinheads, moi ben. Todos moi arregladiños e decidir... así de sorpresa ir a un karaoke.

MACUMBA foi o destino... e o repetorio nefasto. Todos moi respetuosos e portándose como xente de ben, dentro do aspecto que podíamos dar como grupo portámonos como auténticos cabaleiros.

Os que non viñestes... perdestes un bo festón. Dame igual o motivo polo que non viñestes. Síntoo... foi alucinante. Gracias Asociación Modernista Galega. Gracias. Coma esta... mil máis...

Unha moi boa festa.

4 comentarios:

  1. ¡Joder como te lo pasas!. Sòlo falta en la crònica que alguno de esos rudes hubiera cantando por ejemplo una canciòn del bustamante o uno de estos, jajajaja. Lo mejor como siempre tu gallego: Boa festa y Bo festòn. Un saludo

    ResponderEliminar
  2. Y tanto, vaya fiestón, cantamos desde Los Bravos, los Nikis, MECANO, CANTAMOS MECANO... Hijo de la Luna, que mal ambiente de canción.

    ¡QUE MAL AMBIENTE!

    Un saludo muy fuerte Javier.

    ResponderEliminar
  3. Joder, TODO DIOS que vai ao Makumba acaba cantando a dos Nikis! :D

    E Roi é un fiera, claro que si! Por facer autobombo, aquí tes o seu banjo e harmónica, todo improvisadísimo na versión-masacre que fixemos dunha dos Clash:
    http://snob.blogaliza.org/2009/11/30/megaloves-perfil-perfecto/

    ResponderEliminar
  4. moitisimas grazas a ti, polo teu apoio, e sobre todo pola asistencia, a escena faise vivindoa.
    Un cordial saúdo
    Mille

    ResponderEliminar

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.