miércoles, 9 de febrero de 2011

The Eyeliners - Demo


Unha actualización complicada, o audio está sacado de convertir os videos de Youtube en Mp3, senón imposible... Imposible... e cómome duas  cancións que me faltan, a calidade non é mala.

Esta actualización débolla a Miguel Ygarza, xa que foi él quen me puxo trala pista dunha reseña feita por Patricia.

Máis fotos e información en castelán aquí

Qué fue de los Eyeliners?

-----------------------

O grupo de Madrid nace sobre o ano 1995 formado por Ricardo Gómez-Mampaso(Batería e coros), Gonzalo Gomeza(Baixo e coros), e Arturo(Voz e guitarra) membros do grupo 60´s Shaking Hands, onde tamén militaría outro membro que pasaría por BlackBirds e Magic Bus.

Precisaban dun guitarra e a súa empresa engadiríase  Miguel Ygarza.

Un Miguel Ygarza que xa pasara por outros grupos como Tercios ou Gaseosa de Ácido Eléctrico.



En septembro editarían a súa primeira e única maqueta, un semidirecto con bastante boa calidade editada no garaxe onde levaban a cabo os ensaios, a que vos traio, excepto por dous temas,( unha mágoa non poder tela enteira) incluía If you want this love (West Coast Pop Art Experimental Band), Late last Night (The Motions) e That’s all that I need you for (The Birds), e dúas propias She’s a mod (Cantada por Miguel) e El Rubio de tu pelo



No 96 a banda debutaría sobre os escenarios, nunha festa organizada polos Mods de Henares, compartirían escenario con Happy Losers e Mk Cortinas. En Febreiro tocarían 1st Lleida Mod Meeting, festival nado  do  Walrus Weekend, xunto a Los Buhos de Castellón e oos Inner Circle de Bélxica.O grupo adicábase a incluir no seu repertorio temas dos Who, Smoke, Powders, Yardbirds etc etc... 

Empezan a xirar pola capital xunto cos Blackbirds de Toledo e mesmo telonear a banda The Knave na sala sol na súa xira Española. Ese mesmo ano Arturo abandona o grupo quedando este formado por un trío. Conxunto que non duraría moito xa que se incluiría á banda José Miguel Portela.

Na reseña indícase que o grupo cambiaría o rumbo do seu son e para mostra os grupos que comezarían a versionar como Zombies, Simon Dupree, Birds, Dutronc  e temas propios como It’s alright, Plonk, Anvick Club…

E de novo inclúese un novo instrumento, se xa Maicol da Lovva (José Miguel Portela) introduciría a Armónica o son dos Eyeliners,  sería Lucía  quen faga o mesmo co órgano.


 
Esta formación sería a definitiva, xirando de novo ó redor da capital, sento teloneiros de Los Estragos na presentación do disco Power Pop da banda.  E con outros grupos como Los Círculos, e os Smutmen.



No 98 a banda desfaise, cada un tomaría o seu camiño, Maicol e Lucia por exemplo, cadrarían nos Rocket Monas, destacar que Lucía tocou o órgano ata cos Cynics.

Moi salientable foi e é a carreira de Miguel Ygarza como organizador de eventos, e selector de discos en sin finidade de estos onde leva un carreirón que xa quixéramos máis de un.


Sen máis o disco, son 4 de 6 temas:

The Eyeliners- Demo
1.- She is a Mod, 2.- El Rubio de tu Pelo, 3.- If You Want This Love e Thats all that I Need You

-----------------------------------------------
---------------------------------
-----------------------------------
---------------------------------------------

2 comentarios:

  1. Recuerdo perfectamente el concierto con ellos y Smutmen en la sala Trilobite de Madrid, cerca de las Ventas.Fue una noche qué lo pasamos muy bien. Para nosotros unos chavales de provincias, pisar Madrid ya era todo un acontecimiento y una aventura...en la sala se encontraba Carlos de Alcala y su inseparable amigo,qué me dejo su pasador de corbata,qué no recuerdo porque razón?...Patricia una chica muy guapa de Majadahonda ... en fin qué un abrazo muy grande para The Eyerliners de mi parte!!!!
    un abrazo!
    Jero.

    ResponderEliminar
  2. Creo que en este mismo blog ya comenté un poco a historia de los EYELINERS.

    Sólo precisar que el LLeida MW (con incuido aparatoso, si bien no grave acciente de tráfico) no nació del Walrus, sino como contraposición, a partir del deseo de los mods locales de hacer un weekend de caracter más Mod y menos 60s.

    Durante dos años, de hecho, Lleida tuvo Mod Weekend y Walrus con -además- pocas semanas de diferencia.

    Como anécdota: a pesar de estar en el cartel, al final los Eyeliners no pudieron venir a tocar el Homenaje a Steve Marriott que Sergio Antón Castellas y menda organizron en la sala Savannah en el 96.
    De esta manera, Eyeliners jamás llegaron a actuar en la Ciutata Comtal.


    Salud.

    A

    ResponderEliminar

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.