miércoles, 20 de junio de 2012

Concertos de Xullo: Los Explosivos, e Los Smoggers de teloneros

Pois imos pormenorizando algúns dos concertos que teremos o mes que ven, dende a páxina do Beasto atopamos que en Xullo teremos a Los Explosivos en 3 datas e 3 cidades. 




Do mércores 11 o Venres 13 pasarán por Ourense, A Coruña (Mardi Gras) e Ferrol(Super 8) no de Coruña terán de teloneros ós Smoggers.
O que non me queda claro é o de Ourense, que pon que é no Rock Club (D.E.P) Supoño que acabará sendo na Auriense, pero nin idea.







Imos falar algo das bandas, Los Explosivos se non erro son unha banda de México, fan Garaxe moi guarrete e divertido do que che fai saltar.


 Eles mesmos din que as súas  influencias pasan polos Kinks,Sonics e demáis bandas de garaxe, claro sen esquecer que o seu son non se asemella para nada, tanto por estética, máis próxima os Ramones(só olla a foto da esquerda) coma polo seu son, máis próximo a un Punk-garaxe acelerado.


 Adaptan o ritmo propio dos 60, esa rabia xuvenil propia das bandas do ritmo mencionado, pero facéndoa sen moita pena nin gloria, a súa aportación o estilo é nula, pero á vez podes disfrutar dun directo salvaxe e moi divertido. 


Aplican a vella tradición dos temas como moito de 2 minutos e todo seguido, sen deixar nin un só parón durante os seus directos. Berros e ritmo a partes por igual.









Los Smoggers veñen de Sevilla, é o mellor flipas, acaban de sacar este traballo con Kick Out The Jams,
 Unha verdadeira xoia cheiíña de fuzz, non quero meterme moito na descrición da banda porque merece un post para ela mesma.


 Só dicir que os coruñeses son afortunados de poderen disfrutrar destas dúas bandas, o que é ou será un erro garrafa sería o por a Smoggers de teloneros dos Explosivos, a contundencia deste traballo supera en calidade a da banda mexicana.


Ou eso creo eu dende este blog, que é meu e é a miña palabra contra a vosa.


Sen máis.








O que sí aí vos queda o referido traballo.




Se se cambia calquer concerto, ou sala, resubo o post para máis información, tamén no meu twitter se o que queres é máis inmediatez


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.