miércoles, 11 de mayo de 2011

Dave Barker + Dandy Fever en Vigo


Copio e pego.
Desta volta, da man de Luva Negra Producións, estará entre nós, DAVE BARKER, mestre do toasting, reggae e rock steady, acompañado pola banda coruñesa DANDY FEVER.

Terceiro proxecto de Luva Negra Producións que previamente concertou a actuación de Roy Ellis AKA Mr. Symarip xunto aos Transilvanians na Sala Mondo de Vigo e despois tamén promoveu a actuación de Rubén López & The Diatones, na tamén viguesa Sala Iguana Clube.

O concerto... de DAVE BARKER xunto aos DANDY FEVER será na Sala El Infierno de Vigo o 16 de maio, previo ao día das letras galegas.

Abriránse as portas da sala ás 22:30h e o concerto comezará ás 23:00h (Puntual)


Haberá un previo do concerto con pinchos, cervexa e música no Bar Irmandinhos 13, ás 19:30h.

Haberá tamén unha pinchada despois do concerto na Sala A Farándula a cargo de Carlos (Original Crew - A Coruña), Wanchope (Pontevedra) e Irmán Néstor (Black Is Soul Clube - Vigo).
O prezo das entradas será de 12€ adiantada e 15€ na porta.

Entradas adiantadas:

Vigo:
Honky Tonk - Bar Princesa - Cervexería La Grieta - Bar Irmandinhos Trece - Tenda Tipo

Pontevedra:
Tenda carnaby

Compostela:
Bar Soul E Sombra

A Coruña:
Bar Soho

Ourense:
A Esmorga

Non deixedes que volo conten!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.