sábado, 21 de mayo de 2011

Kozmic Muffins- Nautilus (94)






E volvemos a Galicia, unha banda como Kozmic Muffins dende a A Coruña,  merecen estar nesta páxina.

Nace da man de Pedro Granell (ex  Los Skizos)  e se quixese falar do son que atopamos nel non podería.

Uns falan de claras influencias dos Pink Floyd, encuadran o seu son nun panorama musical e nunhas datas que non controlo para nada.


Pedro Granell.

Falan de psicodelias, de rock progresivo e eu o único que sei é que me gusta e punto. Quero que nesta entrada alguén que sepa de este son fale del. 

A data de nacemento desta banda sitúase sobre o 92 ,93  onde un Pedro Granell finiquitando a súa viaxe con Los Skizos se viu influenciado por King Crimson.

O resto da banda formada por Pablo Rega(amante dos Pink Floyd) ,Patxi , Kike e Javier chegaría despois de que Paco Granell decidise que o seu son tería que seguir outros camiños, non tan alonxados por son do que viña facendo con Los Skizos, pero sí tirando máis para un son máis progresivo.

Sería o propio creador da banda que fonse compoñendo os primeiros temas, nunha entrevista feita a el, onorgullecese de que o darse conta do que tiña entre as mans cos novos temas non necesitaría tirar de versións, así foron os seus primeiros concertos.


O editar Nautilus no 94 a banda non sabía o que lles viña enriba, este primer traballo convertiríase nun referente na escena musical dos 90 tanto dentro como fóra do estado.




Sen máis o disco, drisfrutade de temas como Andrew ou Kosmic Muffins, trallazos.



---------------------------------------------------
-----------------------------

--------------------------

------------------------------------------------------

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.