miércoles, 15 de julio de 2009

Los Tamara- ZAFIRO EP 1964




Los Tamara, que grandes sodes.

Este grupo formouse en Noia, A Coruña, e dos grupos dos que estou máis orgulloso, xunto con Andrés do Barro.

Fórmase en 1958, xa choveu... cos membros iniciais Prudencio Romo,Alberte Romo,Manolo Paz, Xosé Sarmiento e como non... o GRANDÍSIMO PUCHO BOEDO.

Esta non é unha banda Ye-yé nin polo estilo ainda que segun pasaban os 60 deixaronse crecer as patillas e o pelo. Realmente son unha banda de casino. De tocar e bailar. Pero cun son propio da época na que comezaron. Quizás sexa algo cru, pero merece tanto a pena escoitalos. Son o grupo galego por excelencia, mira que lle gustaban o meu pai este homes.



A historia dos Tamara éche ben sinxela, comezaron a tocar xa segun se forma, lenvándoos de xira polo Magreb, si, tocando nos casinos da zona, só querían tocar boa música e irse fóra do estado, claro, nun primer momento neste pais nos 50 a música estaba bastante copada por certos artistas e estilos, os Tamara querería o seu sitio na europa. E porían a Galiza no seu sitio sempre nas suas cancións. Outros a quen deberlle a súa producción musical en castelán pero tamén en galego un fifty fifty.


Destacar a historia de Pucho Boedo en solitario.

Los Tamara (1964)

01 - Y por tanto (Et pourtant)
02 - Se burló de mí (Chi ce l'ha co me)
03 - Sapore di sale
04 - Yo (Je)

---------------------------
---------------
Los Tamara-Zafiro
--------------
---------------------------
-------------------------------------
Este disco extraino deste blog.

Sempre en Galiza

Onde podedes atopar os traballos de Pucho Boedo ou de Los Tamara, fai un traballo boisimo recopilando toda a música galega.

1 comentario:

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.